NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 30 de outubro de 2017

TACHAN TACHAN

O fallo do xurado do concurso de relatos "DAME MEDO" , composto por mestras, mestres e Herculino, decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:

Imagen relacionada


* A aula de 1ºB polo relato "A Meiga Encantada". Destaca a boa presentación, as fermosas ilustracións e o sentido de humor da historia.

Resultado de imagen de meigas gallegas


* A Diego Torren Martín de 2º A, polo relato " O Boli Pinchón", pola orixinalidade da historia e ser quen de contar un conto de Samaín sen cabazas e bruxas.

Resultado de imagen de boligrafo de  halloween



* A Sandra Priggione Fernández de 4ºB, polo relato " A outra historia do Samáin" pola  orixinalidade do plantexamento e pola incorporación doutros libros relacionados coa temática do medo.

Resultado de imagen de samain



* A Brenda Nosa Enabulele de 5ºA, polo relato "A máscara encantada". Destaca neste relato a capacidade para alonxarse da temática típica do Samaín e relacionar esta festividade coas máscaras africanas, así como pola orixinal estructura do relato.

Resultado de imagen de mascara africana de halloween




* A Nerea Busto Pan de 6ºA, polo relato "A Cabaza Ernesta". Destaca neste relato a capacidade para conxugar a temática do Samaín cunha intencionalidade didáctica por parte da autora.


Resultado de imagen de calabazas de samain simpáticas


* A aula de 4ºA EI, polo seu relato "A Bruxa e os Parrulos", no que destacan as virtudes do chocolate nestas datas tan meigas.


Resultado de imagen de bruxa  de samaín


*A aula de 4ºB EI, polo seu relato "Un Parrulo Malísimo", agradecemos a lembranza máxica que se fai dos esqueletos neste relato.    
Resultado de imagen de un pato con cara de malo



* A aula de 5ºA EI, polo relato "A Bruxa e o Vampiro", destaca neste relato unha fermosa ilustración que nos describe con exactitude a historia que imos ler e o final feliz.

Resultado de imagen de vampiro


*A aula de 5ºB EI  polo relato " O Conxuro Máxico" e por lembrarnos a dous personaxes tan importantes nestas datas com Drácula e a Bruxa Piruxa.

Resultado de imagen de conxuro de samaín

  
* A aula de 6ºA EI polo relato "Samaín na aula" que destaca pola súa orixinalidade na narración da historia, a combinación de texto e narración ao mesmo tempo que o relato terrorífico na aula.
   
Resultado de imagen de samaín na aula



*A aula de 6ºB EI polo relato " A Cabaza Terrorífica". Destaca o gran protagonismo dun personaxe fundamental no Samaín como é a cabaza, e o ritmo trepidante da historia. Así como o traballo d@s ilustrador@s.

Resultado de imagen de calabaza terrorífica


MOTÍSIMAS GRAZAS A TOD@ POLOS VOSOS RELATOS, SODES TERRORÍFIC@S.


PD: Os premios seran entregados na Festa do Magosto.

DISEÑO DESTA ENTRADA FEITO POR HERCULINO, QUE TIÑA UN DÍA TERRORÍFICO COMA VÓS.

GRRRRRRRRRRRR!!!!!!

UN POUCO DE HISTORIA SOBRE AS ORIXES DO SAMAÍN.


domingo, 29 de outubro de 2017

xoves, 26 de outubro de 2017

AS NOSAS LETRAS. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

Lembrades que hai uns días falamos da concesión do Premio Nacional de Poesía Infantil e Xuvenil e que llo concederon ao poeta galego Antonio García Teijeiro. Pois aquí tedes o seu agradecemento lendo algúns dos poemas do seu libro "Poemar o mar".
Disfrutade!!!



E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA


Seguimos viaxando por África, nesta ocasión un Senegal, nun pequeno documental feito por Imanol Uribe e Oriol Corbella. Apoiado por Manos Unidas.



mércores, 25 de outubro de 2017

martes, 24 de outubro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA




NÓS TEMOS O PODER DE CAMBIAR O MUNDO. AGORA

WE HAVE THE POWER TO SAVE THE WORLD. NOW







FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Que mellor lugar que  o noso Rakonto, este lugar común no que compartimos palabras, para celebrar este día.

Sabedes porque se escolleu esta data?

Desde de 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no  ano 1992 durante o conflito balcánico.

E, para celebralo, vos propoñemos que pensedes nesta frase de Mafalda e opinedes sobre o seu significado.


FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!

luns, 23 de outubro de 2017

A ACTUACIÓN DO NOSO COMPAÑEIRO UNAI CEREIJO GARCÍA DE 5ºB

Vos deixamos nesta entrada o video no que poderedes ver ao noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB, na actuación que lle deu a Medalla de ouro de España no Campeonato de Patinaxe Artístico Alevín e Infantil 2017.


Gozade da fermosa composición que fixo Unai coa música de Gladiator.

(Tedes que avanzar o video ata o tempo 2:37:43)

Unha vez máis... Parabéns!!!



HERCULINO




Hola a tod@sss:
Xa que estamos chegando ao Samaín que mellor que xogar para aprender. A ver canto sabedes!
Só tedes que facer click no enlace que está ao final. Como vedes estou aprendendo moito de informática, jejejeje

Espero que vos guste o meu xogo. Bicos gnómicos. Xa sabesdesssss sempre co nariz.

Herculino.


http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

CONTOS CURTOS

ODIO A MI HERMANA


xoves, 19 de outubro de 2017

martes, 17 de outubro de 2017

UNHA ENTRADA MOI ESPECIAL

Hoxe temos unha entrada da que nos sentimos moi orgullos@s.
O noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB, ven de gañar a Medalla de Ouro de España no Campionato de Patinaxe Artístico.

Quedas parabenizado Unai!!!





Estamos moi contentos e desexamos que o vindeiro 1 de novembro, na Copa de Europa, teñas a mesma sorte. En calquera caso o máis importante é participar e chegar ata aí.

Moita sorte Unai!!!


CARTA DE HERCULINO










Queridas amiguiñas e amiguiños:

Sei que estaredes preocupados por que o luns non vos mandei unha carta, pero estou moi tristeiro y non podía escribir nada.
Seguro que xa sabedes porque poño esta fotografía. Esta fin de semana houbo moitos incendios en Galicia. Arderon moitos bosques e morreron moitos animais. Aos gnomos, que como sabedes, vivimos nos bosques, isto ponnos moi tristes xa que é o noso fogar.

Os bosques son moi importantes para todos nós, sin eles non poderíamos respirar, son como os nosos pulmóns. Por iso, temos que querelos e coidalos moito.

Cando vaiades a pasear polo campo ou por un bosque, nunca prendades lume, vixiade que os maiores non tiren gabichas e se ides a comer, non tiredes papeis no chan, gardadeos nunha bolsa e despois tirades o lixo nun contenedor.
Tamén é moi importante que os maiores coiden e manteñan limpo o campo, e que non se planten tantos eucaliptos que non son bos para a nosa terra e arden con moita facilidade.

Xa sabedessssss… COIDADE OS BOSQUES.
BICOS GNOMICOS SEMPRE CO NARIZ.


HERCULINO.

luns, 16 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS



Resultado de imagen de Antonio García Teijeiro

Hoxe temos unha recomendación moi especial. Un dos mellores poetas galegos, Antonio García Teijeiro, ven de recibir o Premio Nacional de Poesía Infantil e Xuvenil, polo seu libro "Poemando o mar".
Desde a nosa biblioteca queremos celebralo cun dos poemas do seu libro e recomendarvos que o leades. Só tedes que pasar pola biblioteca a collelo e despois navegar polo mar a traves dos seus poemas.

Resultado de imagen de poemar o mar



Son os paxaros de outono.
Son as nenas, son as ondas.
Son os medos, son as cores
que fan as risas redondas.


Paxaros encol do mar.
Soños de brisa calada.
Medos que nacen na sombra.
Risas de escuma salgada.


Son os paxaros de outono.
Son as nenas na luzada.



MOITOS PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO!!!

CONTOS CURTOS


Para empezar a semana unha curta de amor!!!




xoves, 12 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANO NA NOSA BIBLIOTECA.

Queremos desde o noso blog da Biblioteca agradecer con cariño a xenerosidade de Salvador Corroto, dono de Atlántica Centro Arte, e de María, por agasallarnos cunha fermosa e interesante despedida para o noso proxecto “E ti, que pintas? África.
Encheu a nosa biblioteca de máscaras e esculturas de África. Con Salvador aprendimos o poder que poden ter os caracois de mar nunha máscara dun rei; o mismo poder que  poden ter para que Pablo Picasso crease o cubismo; que as moedas non parecen moedas; que as portas de madeira contan historias e moitas, moitas cousas máis.



O seu lugar de traballo, Atlántica Centro de Arte, é unha empresa que traballa coa cultura e a arte como ferramenta de desenvolvemento social. Entre as súas instalacións conta cunha galería de arte contemporánea no circuíto nacional, e un taller de desenvolvemento creativo.

E agora imos coñecer algo máis de Salvador.








Ten 43 anos. Gústalle navegar e tamén andar en bicicleta, aínda que practica menos deporte do que lle gustaría. Está casado e é pai dunha nena de 7 anos, Carla. Cáeselle a baba cando fala dela. Salva, ou Salvador, naceu en Madrid, pero aos 9 anos a familia instalouse na Coruña. Estudou no Obradoiro, Salesianos, Liceo... «Era un pouco cafre. Bo, pero vago», lembra. Matriculouse en Turismo no Centro Español de Novas Profesións, que entón estaba en Zalaeta. «Quería ser hostaleiro», apunta este coruñés que tiña na seu cuarto infantil cadros de Peteiro e Vázquez Cereijo. «Un dos meus primeiros recordos deste mundo da arte é cando o meu pai quixo comprar unha peza de Luís Seoane e foi ao banco para pedir un crédito», rememora. Pero ata retomar a tarefa do proxenitor cursou un máster de dirección hostaleira en Madrid e durante 5 anos viviu en Honduras liderando un proxecto de cooperación para desenvolver un hotel-escola que xurdiu por mor da traxedia do furacán Mitch. «Foi unha experiencia única. Polas mañás podías estar con políticos e empresarios importantes e polas tardes buscando rapaces polas maras e barrios marxinais».

Gústalle viaxar. Da Coruña queda coa plazuela das Bárbaras, «ou calquera punto desde o que se vexa o mar». Declárase comilón e o seu prato favorito é a robaliza ao sal. Di que a súa principal virtude é a honestidade e a sinceridade. «Cada vez córtome menos», comenta. E o seu defecto máis destacado é que «me apaixono demasiado coas cousas, e iso no mundo da arte pode ser un problema». «Se me toca a primitiva cómprome un Picasso», asegura riseiro. Cada vez parécese máis ao seu pai. «A arte non é para as elites. Comprar unha obra non está ao alcance de calquera, pero ler sobre Picasso ou ir a un museo é gratis», sentenza.


MOITÍSIMAS GRAZAS SALVADOR.

Aquí tedes o video da exposición:


martes, 10 de outubro de 2017