Na cidade polaca de Slupsk, no ano 2010 celebrouse un concurso para saber que cidade tiña o son do mar mais fermoso.
A nosa cidade, A Coruña, competía con outras 620 cidades. A gravación que mandaron foi do son do mar da praia do Orzán.
A cadencia das súas ondas, foi considerado o son máis bonito do mundo. Ese foi o veredicto do xurado correspondente ao certame "O son do mar".
Aquí tedes a gravación. Mais tamén podedes achegarvos á praia do Orzán e sentarvos en silencio a escoitalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario