Un
día pola noite, no ano 3171, Raúl, un neno do planeta Terra viaxou xunto ao seu
can Milú. Raúl era tímido e divertido. Milú era un can Valente, atrevido e
durmitón. Ao chegar apareceu diante deles Magneto, un robot moi gracioso. Os
tres presentáronse e dixeron o que querían facer. Os tres querían o mesmo: Que
coincidencia! Así que os tres foron ao Castelo do rei Magnetote a pedirlle a
man das súas fillas.
Pola
noite, dous días despois, Raúl escoitou un ruído
_Que
é iso? Preguntou con voz medorenta.
_ É
un mouchornio_ contestou Magneto un pouco sorprendido.
_
Guau, guau_ ladrou Milú para intentar espantalo.
Á
tardiña montaron a tenda de campaña e foron durmir. Pola noite, no bosque
escoitouse moito ruído; a Raúl por pouco non lle dá un infarto.
Pola
mañá cedo dirixíronse ao Castelo do Rei.
Alí,
Raúl presentouse:
_Ola,son
Raúl, quería pedirlle a man da súa filla.
_
Eu son Magneto, quería casar coa súa filla.
_
Preguntareille a elas se aceptan.
Magnetote
preguntoulles ás súas fillas se querían casar con eles.
_
Si, queremos_ contestaron as princesiñas a coro.
Celebraron
unha voda dobre.
Milú,
o can, tamén fixo boas migas cunha cadela que tiña o Rei.
E desde aquel día, Magneto, Raúl e Milú viven
felices no Castelo do rei Magnetote.
Jonathan Naya Fernández, 5ºA
Jonathan,lin o teu conto e gustoume.
ResponderEliminarSaúdos