A muralla de Lugo
A muralla de
Lugo é xa un símbolo para Galicia. Os seus máis de dous quilómetros, as súas
setenta e cinco torres e o seu bo estado de conservación son unhas das moitas razóns
polas que se converteu nun monumento histórico.
No ano 2000
conseguíu por fin ser nomeada patrimonio da humanidade pola súa beleza e
historia.
Encantaríame
vivir cando a construíron, ver como con moito esforzo é traballo, coas antigas
ferramentas, a levantaron pouco a pouco. Gustaríame poder viaxar no tempo e
observar cos meus amigos como traballaban e admirar como estaría recén
rematada, con todas as pedras novas, os arcos completos, as portas de madeira e
ferro…
A muralla de Lugo é coma un gran xigante valente
e ousado que protexe o seu corazón dos malvados que intenten conquistalo.
Antes, cando perduraban as guerras, a muralla
era un escudo xigante que protexía o pobo dos bárbaros e mantía feliz á
xente. Era un símbolo de liberdade; de esforzo
e de traballo. Unha verdadeira obra de arte construída polos antigos poboadores
de Lugo.
Agora, mentres lugueses e visitantes pasean
por enriba dela segue a ser un símbolo, un exemplo de fortaleza do pobo galego,
de que xuntos podemos conseguir moitas
cousas , paso a paso e pedra a pedra, e que as cousas ben feitas e para o ben do
pobo perduran a través do tempo para sempre xamais.
Ariadna Díaz Terrazo, 5º A
Ariadna felicítote pola redacción.Non me extraña que quedara finalista porque esta moi ben feita.
ResponderEliminarBiquiños
Ariadna,felicítote pola redacción.É normal que quedara finalista porque está moi ben .
ResponderEliminarBiquiños