Unha vez nun
bosque encantado vivían tres bruxas, eran irmás, tiñan o pelo castaño e unha
verruga no nariz. Levaban un traxe negro
e o seu sombreiro e as súas botas negras tamén. Eran xemelgas e diferenciábanse
nas súas longas unllas; Tere tíñaas azuis, Nora verdes e Concha moradas.
Un día viaxaron a outro bosque encantado para
coñecer máis bruxas, pero o que si había era un Castelo abandonado, que tiña un
laboratorio cun caldeiro para facer feitizos e apócemas, e Tere propuxo:
_ Nora,
Concha, xa que este Castelo é para nós, que tal se facemos algún feitizo?
_Vale, eu
quero converter unha cadeira nunha mascota, pero en que mascota?_ preguntou
Nora.
_ Xa sei,
poderiamos convertela nunha gatiña negra!_ exclamou Concha.
E así as bruxas
converteron a cadeira nunha gatiña e chamáronlle Sisi.
_ Ben, ben,
ben!_ berraban as bruxas de alegría. E dende aquela coidaron a Sisi cos seus
bos corazóns de bruxas.
Sandra Tresancos García, 5º A
Sandra,lin o téu conto e gustome moito.
ResponderEliminarAnímote a que escribas moitos máis.
Biquiños.
Mari Carmen V.