sábado, 19 de maio de 2012

Nunca hai que renderse


Moitos , moitos anos atrás había un mago que quería facerse co mundo, pero unha fada, a raíña das fadas, detívoo encerrándoo nun selo máxico. Pero o selo foise desgastando e Malvacho, que así se chamaba o mago, liberouse. A raíña encontrouse con dúas fadas novas  e aventureiras; e contoulles  o que pasara. As fadas mozas chamábanse Yessica e Marina; as dúas quixeron axudar á raíña.

Pasados tres meses, Malvacho deuse a coñecer na aldea das fadas:

_ Eu son Malvacho, inclinádevos ante min_ ordenou con cara victoriosa.

_ Ja. Ja, ja, ja_ riron todos cando Malvacho pronunciou o seu nome.

Pero Malvacho non estaba disposto a escoitar eso e petrificounos a todos, excepto á raíña, a Yessica e a Marina que naqueles tres meses se fixeran máis fortes e prepararan un plan.

Primeiro terían que alonxar a Malvacho da aldea, para que non quedara todo destruído, levárono a unha cova oculta detrás dunha fervenza, despois Yessica fixo de cebo para Malvacho:

_ Aquí, aquí, ven a por min se te atreves!_ berrou sacándolle a lingua.

_ Non debes desafiarme, destruireite!_ contestoulle Malvacho perseguíndoa.

Yessica non era tan tonta como Malvacho, ela tiña unha idea: puxéralle unha trampa. Pero xusto cando ía caer nela…

_ Plas!

Foi Yessica a que caeu na súa propia trampa, alguén a empuxara.

Malvacho fixera un conxuro e agora había dous coma el.

_ Que mala sorte!_ Queixouse Marina.

_ Non te preocupes, Marina, tira agora!_ pediulle Yessica.

Marina tirou dunha corda e os Malvachos quedaron encerrados nunhas gaiolas.

Yessica saíu da súa rede ; coa axuda da raíña levaron a Malvacho á cova  e cun conconxuro de levitación volveron a encerralo baixo o selo máxico,só que desta vez era moito, moito máis poderoso.  Malvacho xa non se podería liberar nunca máis, xa que o selo non se desgastaría.

E así foi como a raíña, Yessica e Marina salvaron o mundo.

Yennifer Angelina Quintana de la cruz, 5º A

1 comentario:

  1. Yennifer inventaches un conto moi fermoso.
    Estou vendo que os rapaces(as) de 5º A sodes moi bos inventando contos.
    Biquiños

    ResponderEliminar