mércores, 2 de maio de 2012

A gran viaxe de Omar


A gran viaxe de Omar

_Ola, chámome Omar, e son una pinga de auga. Vivo no Océano Atlántico, como outras moitas pingas, coas que me encanta xogar. Son una pinga rebuldeira, aventureira e bulebule. Hai algún anos ocorreume unha aventura extraordinaria.

  Houbo un tempo no que os humanos non nos respectaban. Malgastábannos e moitas das miñas amigas estaban contaminadas. Non podíamos aguantar máis aquela situación e  O conxunto de Importantes Pingas de Auga(Cipa) convocou unha reunión. O presidente Ola Salgada interviu:

_ Temos que facer algo!

_Non nos dan importancia!_ berraba a vicepresidenta

_ Temos que declarar a guerra_ propuxo unha xeneral

Entón a pinga máis sabia preguntou:

_ E por que non emigramos?

A proposta saíu aprobada pola maioría e, ao día seguinte marchamos cara o noso novo fogar.  Nuns minutos cruzamos o Océano Atlántico e a nosa viaxe continuou por unha terra deserta.  Nela non había animais e só unhas poucas plantas; de repente unha gotiña evaporouse! Ía tanta calor que se evaporaban todas. Algunhas escapamos de alí correndo e despois dalgúns minutos chegamos a un oasis. Alí, unhas poucas plantas sobrevivían como podían. Ao vernos berraron:

_ Auga!

 E entón a terra tragounos. Alí as raíces das plantas intentáronnos beber, pero conseguimos escapar . Ao asomar a cabeza por encima da terra vimos unha aldea chea de xente que se puxo contentísima ao vernos. A partir daquel día vivimos felices, xa que aquí nos trataban moi ben.

Ariadna Díaz Terrazo, 5ºA

1 comentario:

  1. Ariadna,escribiches un conto moi fermoso.Encántame ler estas cousas.
    Anímate e escribe moitos máis.
    Biquiños
    Mari Carmen

    ResponderEliminar