Como sabedes o día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Xa que este ano o proxecto da biblioteca é África, cada día desta semana, no blog, teredes unha fotografía e unha palabra ou frase sobre a que podedes debatir, pensar, reflexionar ... e aprender algo máis sobre este fermoso continente onde naceron moitos dos vosos compañeiros e compañeiras.
Empezamos a nosa viaxe pola Paz en África.
SUDÁFRICA UN PAÍS DE MOITAS RAZAS E LINGUAS
ARCOIRIS
Nelson Mandela, o que foi presidente de Sudáfrica, chamaba a este país a "Nación Arcoiris". Coa frase que tedes na parte superior da fotografía e a palabra arcoiris, xa tedes dúas pistas.
Por que pensades que Nelson Mandela lle puxo este nome?
Ningún comentario:
Publicar un comentario