O 30 de febreiro celébrase o Día da Ilustración. Moitos son os contos que lemos e que levan fermosas ilustracións, que en moitas ocasións quedan gravadas na nosa memoria para sempre. Quen non lembra a Alicia caendo polo burato...
... ou ao coello que sempre ten tanta presa;
... e que me dicides das cagadiñas de todos os animais dese conto que tanto nos gusta "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza";
... ou tamén esa cabaciña correndo.
... ou ao coello que sempre ten tanta presa;
... e que me dicides das cagadiñas de todos os animais dese conto que tanto nos gusta "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza";
... ou tamén esa cabaciña correndo.
As ilustracións non só acompañan ao texto, ás veces tamén elas contan parte da historia, como acontece nese marabilloso conto que xa leron os Tusitalas, "A invención de Hugo Cabret".
Neste video tamén coñeceredes o ilustrador galego, co que se conmemora este ano o "Día da Ilustración", Álvaro Cebreiro.
Como vedes a ilustración é unha disciplina artística moi interesante e fermosa.
Por se vos interesa, na nosa cidade hai até o 12 de febreiro unha exposición doutro marabilloso ilustrador galego, Xosé Covas. Esta no Kiosco Alfonso ( nos xardíns de Méndez Núñez). Nela atoparedes fermosas ilustracións e algunha delas coñecidas por todos vós. Unha boa forma de pasar unha tarde do fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario