EN ÁFRICA HAI UN LAGO QUE ALBERGA A MAIOR CANTIDADE DE PECES TROPICAIS DE AUGA DOCE DO MUNDO?
É o Lago Malawi.
É o Lago Malawi.
O lago Malawi alberga a maior variedade de peces
tropicais de auga doce do planeta. Mentres que a algúns animais lévalles miles
de anos evolucionar a unha nova especie, estímase que os cíclidos do lago
Malawi formaron 1.000 especies novas en soamente 500.000 anos, o que en termos
evolutivos é unha velocidade asombrosa. Os cíclidos do lago, declarado
Patrimonio da Humanidade pola Unesco, xunto cos pinzones das illas Galápagos
son un claro exemplo da teoría de Darwin sobre a evolución das especies.
É o terceiro lago máis grande de África e o noveno
do mundo. Mide 560 quilómetros de longo por 80 quilómetros de ancho e nalgúns
sectores a súa profundidade supera os 700 metros. As súas augas pertencen ao
territorio de tres países africanos: Mozambique, Malawi e Tanzania. Hai dúas
illas habitadas no lago, Likoma e Chizumulu, ambas as illas caracterízanse por
ter un gran número de árbores de baobab. As illas teñen unha poboación de
varios miles de persoas, que susbisten da explotación de bananas, mangos,
tapioca e da pesca no lago.
Aquí tedes algunhas fotografías deste fermoso lago:
Ningún comentario:
Publicar un comentario