HOXE HOUBO UNHA LÚA MOI ESPECIAL?
Imos deixar por un mércores os páxaros, xa que paga a pena que vexades esta fotografía da lúa que poidemos observar onte. Unha lúa moi fermosa que só podemos ver cada 70 anos.
Mirade que fermosa:
Esta fotografía sacouna un amigo fotógrafo que vive preto de A Coruña, en Arteixo.
E, por que é tan especial esta lúa?

As órbitas dos astros non son circulares senón elípticas. A Lúa, na súa
viaxe ao redor da Terra, ten un máximo achegamento de 356.500 km (perigeo) e un
máximo afastamento de 406.000 km (apoxeo). E a Terra, na súa viaxe ao redor do
Sol, achégase un máximo de 147 millóns de quilómetros e afástase un máximo de
152. Reunamos coincidencias e consideremos a situación na que o perigeo
alcánzase moi preto do momento no que se aliñan o Sol, a Lúa e a Terra.
A diferenza foi este luns de apenas dúas horas, polo que a Lúa chea viuse
un 14% máis grande e ata un 30% máis brillante do habitual. Ademais, nese
instante a Lúa estará a 147.985.477 km do Sol, é dicir, moi preto tamén do seu
máximo achegamento á estrela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario