NO CONTINENTE AFRICANO HAI UN PINGÜIN CHAMADO, "PINGÜIN DO CABO"?
A QUE É GRACIOSO? IMOS A COÑECER ALGO MÁIS SOBRE EL:
O pingüín do Cabo, chamado tamén
pingüín de Jakass, mide uns sesenta centímetros de longo total. Adáptase tamén
a climas tépedos, polo tanto vive en zonas que non son excesivamente frías;
aniña na parte meridional de África e ás veces ata en Natal e Angola. É o que comunmente se exhibe nos xardíns zoolóxicos do mundo.
Tamén é o máis común nas peliculas de animación:
Todo o torpes que
parecen os pingüíns camiñando, deixan de selo cando están no mar. Alí vólvense
veloces como un corredor de fondo e áxiles coma se fosen soldados dunha guerra
que non poden perder. O inimigo de sempre espéralles dentro da auga, aínda que
nos últimos séculos o ser humano ocupou ese podio facendo que a poboación de
pingüín africano mingüe de tal maneira que só quedan na actualidade ao redor de
50.000 exemplares (catro veces menos que no ano 2000 e un 99% menos que a
principios do século XX).
E aqui tedes un viedo dun afeccionado, e os pingüins en movemento:
Ningún comentario:
Publicar un comentario