Silencio, estamos educando
Esta semana o colexio A Llacuna do
Poblenou en Barcelona decidiu cambiar a actividade das súas clases para dedicar
un espazo ao silencio. A idea xurdiu hai un ano, pensaron en realizar algúns
exercicios cos máis pequenos e un grupo reducido de alumnos, pero finalmente
converteuse é unha semana completa destinada á ausencia de son.
"Fáltanos silencio a todos e en
especial aos nenos" explicou Jordi Canalles, director da escola A Llacuna
do Poblenou. A proposta que está estes días sobre a mesa dos alumnos tradúcese
en actividades relacionadas coa arte. Con esta iniciativa queren ensalzar o
silencio porque "é moi importante para escoitar e para saber o que facemos
e por que o facemos".
Canalles explicou que os alumnos da
escola "están moi dispostos e parécelles moi interesante e están
participativos". Supón un ensino máis nas súas vidas que lles pode axudar
no seu día a día. O director da escola quixo resaltar a importancia dos
'silencios bos', os que nos axudan a tomar decisións ou relaxarnos. "Hai
silencios malos que coartan, que non deixan ser un mesmo e estes non nos
interesan".
Talleres en silencio
Ao longo da semana os nenos da escola
poderán realizar diferentes actividades coas que valorar máis a ausencia de
sons. Na escola A Llacuna do Poblenou decidiron realizar cada día diversos
talleres relacionados coa arte. O luns está dedicado á imaxe, e por tanto
destináronse 6 aulas á cor, a luz e a paisaxe. O martes os máis pequenos
poderán relacionar sons con silencio, desde esculturas sonoras ata descubrir os
sons que esconde unha cova en silencio. O mércores dedícanllo ao movemento, con
talleres de danza e ioga. E para o xoves organizan unha saída da escola coa que
os nenos poidan atopar o silencio na rúa.
E vos, que pensades do silencio?
Ningún comentario:
Publicar un comentario