NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 7 de novembro de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES.



Este martes vos recomendamos o libro "Unha viaxe inesperada". As súas autoras son Llort&Macip, e as ilustracións de Sergi Cámara.




Armán é un rapaz coma vós. Ten uns pais que o queren, un grupo de amigos, unha mascota que se chama Tim e é un lémure ... Pero de súpeto todo vai cambiar. Logo dun accidente, ARMÁN ADQUIRIRÁ UN SUPERPODER MOI ESPECIAL ...  e acabará na outra punta do planeta! Como fará para evitar os perigos que o axexan e volver á casa san e salvo?

Pois se queredes averigualo pasade pola biblioteca e na sección de aventuras e misterios o atoparedes.










1 comentario: