xoves, 31 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA. MANUEL MARÍA





O Mar

Ti nunca fiches o mar,
cos seus berros bruadares,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.


- Ti nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azuís que van
a praia mansa a morrer?


E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?


- Ti nunca fiches o mar?
E sabes que non repousa o mar.
-Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa.

                                              Manuel María.




Ningún comentario:

Publicar un comentario