Como sabedes o poeta Federico García Lorca non era galego, máis escribiu varios poemas na nosa lingua. Un deles titúlase "Madrigal á cidade de Santiago".
Este poema, sen dúbida, é dunha gran fermosura, e así o soubo ver o grupo galego "Luar na lubre" que o musicou con gran acerto.
Madrigal á
cibdá de Santiago
Chove en
Santiago
meu doce amor.
Camelia branca
do ar
brila
entebrecida ô sol.
Chove en
Santiago
na noite
escura.
Herbas de
prata e de sono
cobren a
valeira lúa.
Olla a choiva
pola rúa,
laio de pedra
e cristal.
Olla o vento
esvaído
soma e cinza
do teu mar.
Soma e cinza
do teu mar
Santiago,
lonxe do sol.
Ágoa da mañán
anterga
trema no meu
corazón.
Federico García Lorca.
E aquí tedes a fermosa interpretación do grupo galego Luar na lubre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario