O que máis chama a atención cando chegamos a este lugar máxico é,
ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro.
Seguimos polos murais policromados que reproducen medios de transporte
como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da Canle de Ges, un
mergullador escafandrista, a pirámide de Keops co mo testemuña dunha xira por
Exipto, o mural España monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, a homenaxe
a Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí,
elementos da mitoloxía, animais exóticos como un hipopótamo, un elefante, un
xigantesco león…
E no nivel superior, situáse o xardín botánico con especies dos
cinco continentes.
Foi construido por un betanceiro que emigrou á Arxentina, Juan García Naveira. A súa construcción empezou no ano 1893, e pódese dicir que foi o precursor dos actuais parques temáticos.
Aquí tedes algunha das estancias que podedes visitar se vos animades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario