Na mitoloxía grega o sol ven representado polo deus Helios, que era fillo de dous titanes: o seu pai Hiperión e a súa nai Tea.
Tea era a deusa protectora da vista e a que dotaba á plata, o ouro e as xemas do seu brillo característico.
Helios era un rapaz moi fermoso, coroado coa brillante aureola do sol. Todos os días saía, co seu carro tirado por catro cabalos solares, que arroxaban lume pola boca. Este percorrido marcará o inicio e o final do día.
Esta é a fermosa historia que nos conta a mitoloxía. Agora ides a ver unhas imáxenes en HD do verdadeiro sol, que son tan ou máis fermosas que esta historia.
En 2015 cúmprense 5 anos do Observatorio de Dinámica Solar da NASA, que proporciona imaxes do Sol incriblemente detalladas as 24 horas do día. Capturando unha imaxe máis dunha vez por segundo, SDO proporcionou unha visión do Sol sen precedentes desde o seu lanzamento o 11 de febreiro de 2010. Neste vídeo podemos ver o ballet constante de material solar a través da atmosfera do Sol, a coroa. En honra ao quinto aniversario de SDO, a NASA publicou este vídeo mostrando os aspectos máis destacados do últimos cinco anos observando o sol.
DISFRUTADE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario