mércores, 7 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?


OS INICIOS DA PINTURA



Os homes primitivos empezaron a debuxar hai miles de anos, mesmo antes de que empezasen a escribir ou a construír casas.
Os nosos antepasados crían que as pinturas tiñan poderes fantásticos, e talvez facíanas con algún propósito relixioso ou máxico.
As pinturas máis antigas que se coñecen foron feitas nas paredes de covas e teñen máis de 35,000 anos.
Estas pinturas preserváronse por que foron feitas dentro da terra e estiveron illadas da choiva, o sol e o vento.

Hai algunhas que se conservan en tan bo estado que parecese que foron pintadas hai tan só uns poucos anos.




Os homes primitivos pintaron sobre as rochas, eles seguiron as liñas, as fendiduras e os saíntes da pedra para darlle volume aos animais.
Pintaron animais que existían naquela época, como os mamut, os osos cavernarios e os leóns primitivos.
Algunhas das figuras as delineaban soamente, mentres que outras as coloreaban para que se visen máis sólidas.
Debuxaban algunhas veces uns animais sobre outros para dar a sensación de que ían en manda e estábanse movendo.

En moitísimas covas ao redor do mundo atopáronse este tipo de pinturas primitivas, é imposible saber exactamente con que propósito pintábanas, pero podemos intuir que eran moi importantes para eles, xa que os artistas que as crearon puxeron moito esforzo, traballo e destrezas no seu traballo.

Aquí tedes un video para que vexades o fermosas que son as pinturas das "Covas de Altamira". Estas covas están en Santilla del Mar (Cantabria).


Ningún comentario:

Publicar un comentario