NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 5 de outubro de 2015

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES.

Xa sabedes que agora temos todos os martes recomendacións literarias. Mais, como este martes é o primeiro e ademáis coincide cunha data importante, ímola facer desde a biblioteca. 

Esperamos que vos achegedes estes días para recomendar algún libro aos vosos compañeiros e compañeiras. Só tedes que ir á biblioteca no recreo e vos gravamos recomendando o foso libro preferido.
Esperámosvos!!!

Como vos dicía hoxe, 6 de outubro é unha data importante porque nese día do ano 1929 naceu o escritor galego Manuel María Fernández Teixeiro, ao que se adican as Letras Galegas do 2016.
Xa iremos sabendo máis del, pero aquí vos deixamos un anaco dun relato cuxo título é "A rosa", que pertence ao libro "Contos en cuarto crecente".


Manoel de Paderna sabe moito de volvoretas, de paxaros, da infruencia da lua nas sementes...
Aquel día díxome:
-Monseñor Manoel: as estrelas son sucos recén arados que se perden no mar...
-Que se perden no mar...
-Monseñor Manoel: as estrelas quixeran ser gaitas pra que vostede as recollera nun poema.
-Si: nun poema de ondas e de xerfas...
-Monseñor Manuel: as estrelas quixeran vivir no pulso do mar o no rio máis senlleiro...
-Cecais...
-Monseñor Manoel: as estrelas teñen un candor de avomaría...
E verdade...
-Monseñor Manoel: as estrelas..., as estrelas..., as estrelas...
E Manoel de Paderna tremaba. Era de nebra, de ceio, de luar, de

canto de resiñol feito solemnidade na noite
Manuel de Paderna coñoce as volvoretas polo vó, ós paxaros polo canto e sabe de tódalas influencias da lua nas sementes, incluso na do home.

Aquel día Manuel de Paderna díxome:
-Monseñor: as estrelas están moi outas pra vixiar os nosos soños. -Un soño, amigo, sempre ten que ver coas estrelas. Aínda que sea un soño mouro.


-Monseñor: as estrelas case non son unha realidade.
-As estrelas son só, meu amigo, un escintileo e pouco máis. -Monseñor: as estrelas inquédanme.
-As estrelas, meu amigo, as estrelas...
-Eu teño medo das estrelas, Monseñor. As estrelas énchenme de arrepío.
-Non caviles nas estrelas, Manuel. Non caviles...
-As estrelas, Monseñor. As estrelas... Sempre as estrelas por derriba de nós.


 Sempre as estrelas vixiando os nosos soños. As estrelas, Monseñor...

Ningún comentario:

Publicar un comentario