NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 14 de outubro de 2015

E TI, QUE PINTAS?

O  xoves pasado coñecimos as pinturas das covas. Hoxe imos coñecer as pinturas exipcias, que como veredes tamén son moi antigas.

PINTURA EXIPCIA.


Desde hai máis de 5,000 anos os exipcios comezaron a crear as súas sofisticadas e coloridas pinturas de deuses e reis, de dramáticas batallas e de tranquilas escenas da vida familiar.
Os pintores guiábanse por unhas regras absolutamente estritas para debuxar o corpo humano, eles mostraban cada parte do corpo da maneira  que fose máis fácil de recoñecer.
As cabezas, as pernas e os brazos sempre as mostraban de lado, mentres que o peito e o ollo mostrábanos de fronte.



 As paredes das tumbas exipcias estaban completamente decoradas e eran traballadas por equipos de artesáns que se complementaban entre si.

Primeiro, un supervisor facía os deseños sobre un anaco de madeira puída e branca, mentres tanto uns artesáns aplicaban o estuco sobre as paredes, outros transferían os deseños e os rebordeaban de negro e outros  aplicaban as cores.

Tumba exipcia

Os exipcios pensaban que as súas pinturas tiñan poderes incribles. Os debuxos nas tumbas eran deseñados para axudar aos espíritos dos mortos para facer un paso seguro á vida despois da morte. Eles crían que ao morrer ían a un lugar máxico onde os mortos vivían felizmente e para sempre.

Os Exipcios fabricaban os seus pinceis con fibras sacadas das plantas e atábanas a unha vara delgada de madeira. As cores preparábanas moendo pedras de diferentes cores e mesturábanas con algún tipo de pegante.



A QUE SON FERMOSAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario