xoves, 29 de xaneiro de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES
Este venres imos a recomendar "Bala Perdida", dun dos nosos escritores mais coñecidos, Manuel Rivas.
"Bala perdida", é un fermoso e poético relato dun pirata con escrúpulos e unha xoven xornalista sen pelos na lingua. A súa lectura levaranos por camiños de maxia e misterio.
O AUTOR.
Naceu na Rúa da Marola, no barrio de Monte Alto, na Coruña, o 24 de outubro de 1957. Manuel Rivas é xornalista e un dos nosos escritores mais coñecidos. A súa primeira novela curta"Todo Ben" dirixida aos lectores novos, foi a que o introduxo no mundo da narrativa.
No ano 1996 publicou os contos "Que me queres amor?", con este libro de relatos gaño o Premio Nacional de Narrativa. Outra das súas novelas mais famosas é "O lapis do carpinteiro", basada nun feito real.
É membro da Real Academia Galega,e foi un dos fundadores de Greenpeace España. No inverno do ano 2002, a raiz da catástrofe do Prestige, actuou como vocero do movemiento cívico e ecolóxico "Nunca Mais".
Como vedes ademáis de escritor, é unha persoa comprometida coa defensa da natureza.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario