NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

A NOSA RECOMENDACIÓN DOS VENRES.

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS. AUTOR: JULIO VERNE
En 1872, Phileas Fogg, un rico cabaleiro londinense obsesionado pola puntualidade e a exactitude, realiza unha aposta onde pon en xogo a metade da súa fortuna.
Acompañado por Rigodon, o seu atlético e espontáneo criado, vaise de Londres para dar comezo a unha incrible carreira contra reloxo: dispón de 80 días para dar unha volta ao mundo xa sexa por aire, por mar ou por terra.
Os dous protagonistas terán atrancos no seu proxecto polo inspector Fix, que relaciona o feito da repentina partida de Fogg, co roubo do Banco de Inglaterra e perségueo convencido que foi o autor do delito.
Esta é unha das máis notables e divertidas aventuras xurdidas da pluma do fantástico Julio Verne. Se ben Verne é considerado un dos pais da ciencia ficción, a especulación científica e a anticipación de inventos que aparecerán posteriormente á súa época son algunhas das características máis destacadas da súa obra, neste caso priman a acción e o intento de demostrar que a audacia pode superar todas as fronteiras.
JULIO VERNE
(Jules Verne; Nantes, 1828 - Amiens, 1905) Escritor francés, considerado o fundador da moderna literatura de ciencia ficción. Predixo con gran precisión nos seus relatos fantásticos a aparición dalgúns dos produtos xerados polo avance tecnolóxico do século XX, como a televisión, os helicópteros, os submarinos ou as naves espaciais.
En 1836 ingresou co seu irmán Paul no seminario Saint-Donatien. Máis tarde estudou filosofía e retórica no liceo de Nantes e viaxou a París, cumprindo os desexos do seu pai, para seguir a carreira de leis. En 1848 comezou a escribir algúns sonetos e textos de teatro, e dous anos máis tarde aprobou a súa tese doutoral de dereito e optou pola carreira de letras.
Aproveitando os seus coñecementos xeográficos, adquiridos a través de numerosas viaxes por Europa, África e América do Norte, e o seu entusiasmo pola revolución tecnolóxica e industrial, converteuse nun especialista dos relatos de aventura de corte científico. O seu dominio da tensión dramática permitiulle combinar extravagantes situacións e momentos poéticos nunha prosa lixeira e amena.
Inmediatamente enfrascouse na redacción de "Viaxe ao centro da Terra", para o cal se aplicou á xeoloxía, a mineraloxía e a paleontoloxía. As detalladas descricións de animais antediluvianos marabillaron aos expertos, poñendo de manifesto a súa extraordinaria intuición científica. O seu terceiro gran libro foi "Da Tierra á Lúa", cuxa publicación espertou tal entusiamo polas viaxes espaciais que o seu despacho se inundou de cartas solicitando reservas para a próxima viaxe luar. Co mesmo interese foi recibida "A volta ao mundo en oitenta días, publicada por entregas, cuxo éxito foi tal que se chegaron a cruzar apostas sobre se Phileas Fogg, "o home menos apresurado do mundo", lograría chegar á meta en tan breve tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario