NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

"RAKONTO". O NOSO NOVO NOME PARA O BLOG DA BIBLIOTECA.

Hoxe estreamos nome para o noso Blog da Biblioteca "Rakonto". Esta palabra significa "Conto" nunha lingua da que ao mellor nunca oíchedes falar, o "Esperanto".
O Esperanto é o idioma internacional. Foi ideado para facer posible a comunicación entre os homes e mulleres de todos os pobos da terra en pé de igualdade.
É unha lingua que non é propiedade de ningún país, nin de ninguna cultura, senón de todas.
Como naceu?
No ano 1887 o doctor húngaro Ludwik Lejzer, logo dunha década de estudos e probas, deu a coñecer ao mundo un novo idioma inventado por el mismo: o Esperanto.
A idea naceu na súa cabeza, xa que pasou a súa infancia nunha cidade onde vivían rusos, alemáns, xudios, polacos e lituanos. O futuro doctor vía como a diferenza de idiomas separaba ás persoas e foi nese momento cando decidiu crear unha lingua única e universal.
E así, o 26 de xullo do ano 1897, publicou o seu "Unua Libro", que foi o primeiro manual de esperanto do mundo.
Firmou as súas publicacións cun seudónimo: Dr. Esperanto, que significa esperanza.
Como nós temos a sorte de ser unha comunidade educativa multicultural, chea de esperanza e futuro, baseada na igualdade entre todas as persoas, eleximos unha lingua que nos una a todos, e entre todas as palabras "Rakonto" que significa "Conto", que é outra palabra ben fermosa.
Non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario