Desde a biblioteca, queremos desexarvos unhas Felices e literarias festas. Esperamos que entre todos os agasallos haxa moitos libros, para que á volta poidamos compartilos.
Boas festas!
Desde a biblioteca, queremos desexarvos unhas Felices e literarias festas. Esperamos que entre todos os agasallos haxa moitos libros, para que á volta poidamos compartilos.
Boas festas!
Awa, Alexia, Maimouna, Meriem, Manha, Raquel e Vanessa, compañeiras de 6ºB, representaron o conto, Un monstro de cores, para os compañeiros e compañeiras de 5º de EI.
Moitas grazas a todas, o pasamos moi ben!
Xa sabedes, que entre os moitos dereitos que temos, un dos máis importantes é...
O DEREITO A SOÑAR!
Hoxe imos coñecer o planeta máis grande do sistema solar, Júpiter!!!
Que pensades que quere dicirnos o Principiño con esta frase:
Camiñando en liña recta non pode un chegar moi lonxe.
Aqui vos deixamos a primeira das frases do conto, O principiño, para que pensedes no que nos quere dicir:
Só se ve ben co corazón: o esencial é invisible aos ollos
Non deixedes de ver esta curta sobre a importancia do traballo en equipo, e compartídeo coas vosas familias, amigos e amigas. Sen dúbida, xuntos e xuntas, podemos remontar calquera atranco.
Hoxe imos coñecer o planeta, Marte. Neste planeta, atópase o Monte Olimpo, que é o máis alto do Sistema Solar. Tamén podemos encontrar a tridimita, sabedes que é?
A nosa cosmoinvestigadora, Manha de 6ªB, adiviñou á resposta!!!
A lúa está a 384.400 km da terra. Que pasada!
Aquí vos deixamos as ultimas novidades que temos na biblioteca, para que gocedes de novas e maravillosas historias.
Bulide por elas!!!
As nosas compañeiras e compañeiros de 6º, queren deixar claro que, NON É NON. Con este vídeo queremos lembrar que cando unha muller di que non, é que non.
Escolleuse esta data do 25 N, cando no ano 1981 en Bogotá, Colombia, celebrouse o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e Caribe, alí elixen a data do 25 N como data oficial para reivindicar os asasinatos das tres irmás Mirabel en 1960 na República Dominicana.
As irmás Mirabel foron unhas recoñecidas activistas que, aínda que naceran en familias de clase media e con posibilidade de acceder a unha boa preparación académica, non se conformaron cos privilexios individuais e elixiron loitar contra a violencia de xénero que estaban a vivir todas as mulleres no seu país.
O destino das tres mulleres foi tráxico, xa que foron asasinadas, aínda que o réxime político do seu país, que era unha dictadura, dixo que fora un accidente.
Pero non foron as únicas, por iso, todas as mulleres e homes, debemos unirnos contra a violencia de xénero, non só o 25N, todos os días.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que realizaron este vídeo, que é a voz de todas!!!
E a gañadora desta semana, que acertou a resposta foi... Ainhoa de 4ºA!
Parabéns, Ainhoa!!!
O planeta máis grande do Sistema Solar é Xupiter!
Hoxe queremos agradecer o Voluntariado e a Comunidade de Booktubers, a vosa presenza, sempre estimulante, nos recreos da biblioteca. Tamén a vosa axuda á hora de recoller e a vosa complicidade para que todos poidamos compartir este espazo respectándonos no noso lecer.
Moitas grazas!!!!
Xa estamos na semana do Samaín, por iso, a nosa curta animada de hoxe é a historia dunha bruxa que busca o amor, pero...
LA BRUXA
Hoxe, imos coñecer o planeta, Mercurio, que é o que está máis preto do Sol.
Aquí vos deixamos unha adiviña, a ver quen é a persoa que a resolve!!!
Unha cousa para a que sempre chove e sempre está mollada.
Hoxe, os nosos cosmonautas intrépidos son: Alejandro e Lauren!!!
Moitas grazas, Alejandro e Lauren!!!
Esta curta animada titúlase, SEED, nela descubriredes a competencia tecno-comunicativa entre un ovo e unha mazá, así como a loita por sobrevivir. Feita en stop motion, gañou no ano 2010 o premio a mellor curta de animación no festival de Slamdance.
Esperamos que vos guste!
Cada venres, deste trimestre, iremos coñecendo o noso sistema solar. Hoxe empezamos cunha pequeña introdución dos elementos que o conforman e, pouco a pouco iremos coñecendo máis curiosidades.
Así que xa sabedes, cada venres tedes unha cita co Rakonto para ir coñecendo o noso universo!
Animádevos a ser cosmonautas intrépidos! Só tedes que pasar pola biblioteca no recreo e quedamos nun planeta para grabar.
Pero xa temos o noso primeiro cosmonauta intrépido, Álvaro de 5ºA!
Moitas grazas, Álvaro!!!
Seguro que xa sabedes que nos gusta moito a sección de Booktubers, porque nos encanta que recomendedes libros.
Para facer unha recomendación dun libro ou un cómic, non tedes máis que pasar pola biblioteca no recreo e xa quedamos para grabar o vídeo.
Animádevos a formar parte da Comunidade de Booktubers da biblioteca no colexio!!!
E aquí tedes a dúas booktubers fantásticas, Mara e Rosalía de 3ºA:
Este blog marcha de vacacións, pero ameazamos con volver para compartir con vós palabras, aloumiños, risas, xogos, recomendacións... e todo o que vos apeteza.
Gozade destas merecidas vacacións! E, ás compañeiras e compañeiros que marchades, desexámovos o mellor dos futuros, sodes luz e, como escribiu Luísa Villalta: non me abandono e formo parte.
Formade parte do futuro, que con nós sempre estaredes!!!
Xa rematara o recreo e as cadeiras dalgunhas aulas movíanse nerviosas, esperavamos unha visita moi espececial, mais tamén xa familiar para nós, a escritora María Canosa. É a segunda vez que deixa voar as súas palabras pola nosa biblioteca, pero son as súas historias as que sempre están con nós.
Iso si, Saínza xa forma parte da nos tribo de lectores e lectoras que, como non, pediron máis historias desta rapaza tan especial!
Queremos agradecer o gtan traballo xornalísticos de Alejandra e Sergio, e por suposto a compañía de María Canosa!
Velaquí esta fermosa mañá!
Para despedir o curso e noso proxecto da biblioteca, que mellor que facelo cunha película muda do ano 1902 en balnco e negro, aínda que nós imos vela en cor. É unha película de ciencia ficción dirixida por George Melies.
Narra a aventura dun grupo de astrónomos que viaxa á lúa nunha cápsula impulsada por cañones, explora a superficie do satélite, fuxe dun grupo subterráneo de selenitas (habitantes lunares) e regresa á terra cun selenita cautivo.
Esta película apareceu nalgunhas das listas das mellores películas e das máis importantes da historia do cine.
Ademais, pode considerarse, en certo modo, a primeira película de ciencia ficción da historia do cine.
Rematamos as actividade de celebración do Día do Libro, que non o noso goce de ler libros. E o facemos cun libro do que gozamos moitas xeracións de lectoras e lectores. Pippi Mediaslongas, que tamén foi levada á televisión, acompañou moitas das tardes da nosa infancia. Nós, recomendamos empezar polo libro que escribiu a gran autora Astrid Lindgren.
O noso agradecemento ao alumnado de 5ºB de Educación Infantil!!!
O alumnado da aula de 3ºB, preparou unha interesante exposición na que relacionou o libro, Jurassic Park, escritor Michael Crichton e a película do mesmo nome, dirixida por Steven Spielberg.
Velaquí o seu marabilloso traballo!!
Moitas grazas a Natalia, Dubraska e Mohamed!!!
Outra das grandes novelas levadas ao cine é, Drácula, xa dentro do xénero de terror. Foi escrita por Bram Stoker e da que, levada ao cine, se fixeron varias versións. Foi considerada como a novela de terror máis fermosa xamais escrita e ata o día de hoxe non deixou de publicarse. Aínda na actualiadade somos moitas as persoas apaixondas desta novela que foi levada con acerto ao cine. Mais, desde este blog, vos recomendamos a lectura do libro que seguro vos vai encantar.
Velaqui, unha escena da película. Con ela despedimos estas semanas de cine e literatura e entramos xa nas actividades, para a vindeira semana do libro!
Esperamos que fosen do voso gusto! Hai moitas máis e escoller non sempre é doado.
Probablemente xa escoitáchedes falar do libro ou da película, Mujercitas. Esta novela foi escrita pola escritora estadounidesnse, Louisa May Alcott, e trata da vida de catro nenas que, tras pasar a adolescencia durante a Guerra Civil nos Estados Unidos como fondo da historia, convírtense en mulleres. Elas son Meg, a maior das irmás e a máis obediente e responsable; Jo, a segunda delas, e sen dúbida a máis interesante, xa que tamén é a máis rebelde e feminista, non lle gustan todas aqueles estereotipos femininos que a limitan. Apaixoada da escrita, actividade que desenvolvera ao longo da historia; Beth, a terceira das irmás, é a máis tímida e toca moi ben o pianao; e Amy, a menor, ten habilidade para a pintura e é moi vaidosa.
Velaquí, algunhas das escenas:
Seguindo coa relación entre os libros e o cine, e cada vez máis preto do Día do Libro, imos coñecer máis peliculas, que non existirían se primeiro un escritor ou unha escritora, non creara esa historia.
El señor de los anillos, é unha delas. Escrita polo británico J.R.R Tolkien, a historia se desenvolve na Terceira idade do sol, da Terra Media, un lugar ficticio poboado por homer e outras razas antropomórficas como os Hobbits, Elfos, Enanos e por outras figuras reais e fantásticas. A novela narra a viaxea do protagonista principal, Frodo Bolson, hobbit de la Comarca, para destruir o Anel Único e a guerra que provocará o enemigo para recuparalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, O señor Escuro Sauron.
J.R.R. Tolkien, pensou, El señor de los anillos, como una secuela de su anterior novela, El Hobbit, pero rematou convertíndose nunha historia de maior extensión. Publicouse por primeira vez no Reino Unido en tres volúmenes, tivo moitas edicións e foi traducida a moitas linguas, convertíndose nunha das obras mais populares do século XX. Foi adaptada en varias ocasión á radio, ao teatro, ao cine e á televisión, destacando a triloxía cinematográfica creada polo director neozelandés, Peter Jackson.
Velaquí, varias escenas desta marabillosa historia da literatura fantástica levada ao cine:
ASÍ SE FORJÓ EL ANILLO
EL SEÑOR DE LOS ANILLOS: LA COMUNIDAD DEL ANILLO - EL CONCILIO DE ELROND
FRODO Y GANDALF. EL PASEO POR LA COMARCA
LAS DOS PERSONALIDADES DE GOLLUM
E, xa para finalizar, imos cos libros sete e oito. No sete, Harry Potter e as relíquias da morte, narra os acontecementos posterirores á morte de Dumbledore e nos que Voldemort finaliza o seu ascenso ao poder e consegue ter o dominio sobre o Ministerio da Maxia.
No oito, Harry Potter e o legado maldito, que está dividida en dúas partes, non podemos dicir que sexa unha novela como as anteriores, é un guión para a obra de teatro que se representou despois.
Non contamos máis, xa que sabemos que hai compañeiros e compañeiras que. pola súa idade, ao mellor, aínda non leron esta saga!
Esperamos que fora do voso gusto esta semana dedicada ao cine e a literatura a través da saga de Harry Potter.
A vindeira semana coñeceremos outros libros, outras historias levadas ao cine!
HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE
O sexto libro é, Harry Potter e o misterio do príncipe. Neste libro Voldemort comeza a librar unha guerra aberta, pero, malia isto, Harry e os seus amigos están protexido en Hogwarts.
Hoxe imos ver, o cuarto libro: Harry Potter e o caliz de lume; e o quinto libro: Harry Potter e a orde do fénix.
No cáliz de lume, Harry participa, sen moitas ganas, no Torneo dos tres magos, un concurso máxico moi perigoso, no que tres estudantes das tres escolas participantes deben competir entre si en tres probas para gañaren o título.
Hoxe imos ver escenas do segundo e terceiro libro da saga de Harry Potter: Harry Potter e a Cámara dos segredos, e Harry Potter e o preso de Azkaban.
No primeiro describe o primeiro ano de Harry na Escola de Hogwarts. El e os seus amigos investigan un misterio de hai 50 anos, que semella gardar relación cuns acontecementos moi siniestros na escola.
No terceiro libro, é o que acontece a Harry no terceiro curso na escola.. É o único libro no que Valdemort non participa directamente como personaxe. Harry debe lidar co coñecemento de que é o obxectivo de Sirius Black, o mellor amigo do seu pai e fuxido do cárcere máxico de Azcaban.
Velaquí unha das escenas máis emotivas da película, cando o profesor é expulsado do colexio, pero os seus alumnos, cheos de cariño e agradecemento por todo o que aprenderan con el...
EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS
Como non podía ser doutro xeito, a película escollida é , El club de los poetas muertos, do director australiano Peter Weir.
Nun colexio, iso si, moi elitista, de Nova Inglaterra, un grupo de alumnos, descubrirá a poesía, eo significado do "carpe diem" (aproveita o momento) e a importancia de loitar por acadar os soños. Todo isto grazas a un mestre, o Sr. Keating, que é quen de espertar nas súas mentes a paixón pola poesía.
Velaquí unha escena da película que remata cuns fermosos versos do poeta americano Walt Whitman:
Que estás aqui, que existe la vida y la identidad. Que prosigue el poderoso drama, y que tú puedes contribuir con un verso.
Pensade nestas palabras... que quere dicir? E vós, podedes contribuir cun verso? Animádevos a mudar o mundo cun verso!
Sen dúbida o cine é quen de representar moitas outras artes, e a poesía é unha delas. Como imos camiños do día da poesía, velaquí vos deixamos un vídeo moi divertido de Salva Soler, no que con títulos de películas, moitas delas as recoñeredes, fai un poema que recita no metro.
DE CINE. SALVA SOLER
Pechamos esta semana de stop - motion, aínda que prometemos máis, cunha curta que nos gusta especialmente, Abril. A historia dunha nena que desmostra que da imaxinación podemos crear a profesión do noso futuro, e pode estar na creación artística.
Desfrutádeo! E boa fin de semana!
I want it, é unha curta de animación independente realizada coa técnica de stop -motion, que conta a historia de como un neno da estepa patagónica encontra un cabalo, aparentamente abandonado, e quere quedar con el. Mais, sen decatarse que que o animal esta esperando o regreso do seu verdadeiro amo, polo que sente verdadeiro cariño. Xa sabedes que os animais son moi leais ás persoas que os coidan e acompañan.
El niño robot, esta curta de stop - motion trata sobre a importancia da imaxinación para superar as circunstancias máis adversas.
Como vedes, tamén con esta técnica, podemos tratar temas moi interesantes e motivadores!