NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 18 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 Outra das grandes novelas levadas ao cine é, Drácula, xa dentro do xénero de terror. Foi escrita por Bram Stoker e da que, levada ao cine,  se fixeron varias versións. Foi considerada como a novela de terror máis fermosa xamais escrita e ata o día de hoxe non deixou de publicarse. Aínda na actualiadade somos moitas as persoas apaixondas desta novela que foi levada con acerto ao cine. Mais, desde este blog, vos recomendamos a lectura do libro que seguro vos vai encantar.

Velaqui, unha escena da película. Con ela despedimos estas semanas de cine e literatura e entramos xa nas actividades, para a vindeira semana do libro!

Esperamos que fosen do voso gusto! Hai moitas máis e escoller non sempre é doado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario