E, xa para finalizar, imos cos libros sete e oito. No sete, Harry Potter e as relíquias da morte, narra os acontecementos posterirores á morte de Dumbledore e nos que Voldemort finaliza o seu ascenso ao poder e consegue ter o dominio sobre o Ministerio da Maxia.
No oito, Harry Potter e o legado maldito, que está dividida en dúas partes, non podemos dicir que sexa unha novela como as anteriores, é un guión para a obra de teatro que se representou despois.
Non contamos máis, xa que sabemos que hai compañeiros e compañeiras que. pola súa idade, ao mellor, aínda non leron esta saga!
Esperamos que fora do voso gusto esta semana dedicada ao cine e a literatura a través da saga de Harry Potter.
A vindeira semana coñeceremos outros libros, outras historias levadas ao cine!
HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE
Ningún comentario:
Publicar un comentario