Para despedir o curso e noso proxecto da biblioteca, que mellor que facelo cunha película muda do ano 1902 en balnco e negro, aínda que nós imos vela en cor. É unha película de ciencia ficción dirixida por George Melies.
Narra a aventura dun grupo de astrónomos que viaxa á lúa nunha cápsula impulsada por cañones, explora a superficie do satélite, fuxe dun grupo subterráneo de selenitas (habitantes lunares) e regresa á terra cun selenita cautivo.
Esta película apareceu nalgunhas das listas das mellores películas e das máis importantes da historia do cine.
Ademais, pode considerarse, en certo modo, a primeira película de ciencia ficción da historia do cine.
Ningún comentario:
Publicar un comentario