NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 6 de novembro de 2017

RECOMENDAMOS

No RECOMENDAMOS de hoxe temos algo moi especial... os relatos d@s gañador@s do Premio de Relato Curto "Dame medo".

























O BOLI PINCHÓN

Había unha vez un colexio no que os nenos e nenas de 2ºA traballaban nunha ficha de mates. De súpeto un rapaz notou un pinchazo nas costas, preguntou aos compañeiros se foram eles máis todos dixeron que non. Pero, pasados uns segundos todos empezaron a sentir os pinchazos ao tempo que vían como un boli saía correndo.

Intentaron atrapalo, pero o boli agachouse nunha clase que estaba a escuras. Dous rapaces cheia de afouteza entraron a buscalo, pero non o daban atopado. Non se podía mover, non vían nada, chocaban con todo por mor da escuridade. Un deles abriu unha ventá para ter algo de luz. Neste momento o boli pegou un gran chimpo e escapou pô-la ventá.
Tese coidado. Pode estar pô-la vosa clase!!!

DIEGO TORREN MARTIN 2º A


A OITRA HISTORIA DE SAMAÍN

Contan que o Samaín naceu a partir da crenza das personas de que os monstros existen e que disfrazábanse para camuflarse.
Pero... e se hai outra história , mais por medo ninguén o dixo?
Pode ser que nesa data acontecese algo espeluznante.
Esta é a verdadeira história:
Nese tempo empezaron a ocorrer desaparicións de persoas que tiñan preocupado a todo o mundo e iso non era o peor... tamén chegaban persoas con cortes as súa casas, e outras xa nin chegaban.
Pero como eran moi teimudos e estaban moi preocupados, acabaron averiguando quen o facía. Quedaron todos sorprendidos coa resposta... eran Jack o destripador e Nina the Killer.
Ninguén se atrevía a sair das casas, máis eles dous sabían como entrar. Aparecían nenos con cortes que logo desaparecían .
Esta é a verdadeira história do Samaín. Tese tamén coidado co Venres 13.

SANDRA PRIGGIONE FERNANADEZ 4º B.



A CABAZA ERNESTA

Érase unha vez unha cabaza que vivía no campo entre moitas cabazas cultivadas por un campesino.
A cabaza chamábase Ernesta e era a máis pequena de todas as cabazas. Por esa razón o campesino a tirou ao tempo que dixo: Que cabaza máis pequena, non sirve para nada!.
Ernesta non daba crédito ao que estaba escoitando e parecía lle moi cruel. Púxose tan furiosa, que o seu aspecto cambiou. Saíronlle cicatrices e un aceno terrorífico.

Ernesta decidiu aparecerse todas as noites de Samaín para asustar aos fillos do vello campesino pô-la rúa.
Cando se enterou o campesino e comprendeu o que pasara, xa era tarde para pedir perdón.
Ernesta aínda anda solta pô-las rúas cada Samaín. Se a vedes avisade aos vossos pais para atrapala, e... procurar non cometer o mesmo erro que o campesino, xuzgando a alguém só pola súa apariencia.

A MÁSCARA ENCANTADA

Hai moitos anos nunha parte de África chamada Senegal, un home chamado Pap fixo unha máscara con cuns ósos e madeira de Baobab, follas de acacia e cordas. Pero aquela máscara non era como as demais... estaba encantada. A persoa que  puxese a máscara converteríase nun horrible, horripilante, grande e forte monstro . Pero ... por que?
Pap, o senegales quixo probar algo novo utilizando unha apócema máxica para facelo mais fermoso, pero por desgraza trabucouse de apócema e sucedeu algo...como unha explosión. Pap o senegalés morreu, pero a máscara quedou intacta.
Desde ese día, isto converteuse nunha lenda chamada A Máscara Encantada.
Pasaron os anos e un home moi curioso, chamado Estefan, que viu a Senegal en busca de cousas interesantes para as súas coleccións de arte e esculturas senegalesas, escoitou a lenda da Máscara Encantada e quixo facerse con ela. Para saber onde estaba preguntoulle a un senegalés que pasaba por alí. O senegalés díxolle: o xefe da miña tribo ten un mapa que di onde está a máscara. Estafan pediulle o mapa e o senegalés díxolle que si, que era unha gran idea que levara a máscara para que todos os que viven en Senegal esqueceran a lenda da máscara e xa non temesen máis aos seus poderes.
Pasaron dous ou tres días desde aquela conversación e Estefan recibiu o mapa e foi en busca da máscara.
Había tres camiños escritos: un era o gran bosque, outro o cemiterio e por último a cova na que estaba o que buscaba.
Estefan empezou a camiñar polo bosque con precaución. De súpeto escoitou uns sons moi raros e apareceu unha pantera negra que lle rabuñou todo o brazo. El empezou a correr como nunca o fixera na súa vida e, cando parou todo dolorido, chegara ao segundo camiño. O do cemiterio.
Estefan entrou con valentía e de lonxe viu unha caveira arrastrándose  polo chan, Estefan quería saír do cementero , cada vez vía mais e mais caveiras arrastrándose cara el, comezou a correr e unha delas mordeulle no pescozo. Estefan aguantou a dor todo o que puido e saíu do cemiterio, alí estaba o camiño cara á cova.
Estaba aterrorizado, pero con todo o que soportara ata ise momento estaba disposto a entrar naquel lugar escuro. Ao fondo viu a máscara e xusto cando ía collela apareceu un león que lle mordeu na perna. Xa non podía máis con tanto dor, entón empezou un terremoto e a cova a  derrubarse con eles dentro. Estefan e o león morreron, e a máscara quedou destruída.
En Senegal decatáronse de todo o que lle ocorrera a Estefan  e fixeron unha nova lenda dedicada a el por destruír o medo en Senegal.

Brenda Nosa Enabulele 5ºA

Ningún comentario:

Publicar un comentario