Xa que estamos no Magosto...
Sabíades estas dúas curiosidades sobre as castañas?
Había un costume entre os pobos antigos, que facía uso das cascas das castañas e das follas da árbore para escurecer o cabelo louro. Críase tamén, que axudaba ao crecemento do pelo nos recen nados.
Segundo unha antiga superstición, as castañas servían para protexerse contra o mal de ollo. Na noite de defuntos, impedía que estes levasen a unha persoa mentres estaba a durmir.
Como vedes a castaña tamén ten as súas curiosidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario