Hoxe recibimos na nosa Biblioteca unha visita moi especial. A escritora María Canosa Blanco veu a falarnos de Megumi, a súa especial Cazadora de estrelas. Tamén nos contou a súa paixón pola escrita e polos libros; como foi o momento no que conseguiu publicar o seu primeiro libro ...
Esta é a maxía dos libros, poder compartir unha historia todos xuntos e saber como a autora argallou todo un mundo para a protagonista da historia.
Moitas grazas aos alumn@s das aulas de 5º polo seu interese e participación. A Brenda e Unai por ser, nesta ocasión, uns profesionais do xornalismo e a Carme e a Vanessa, as titoras, pola súa imprescindible colaboración.
O vendeiro día 30, teremos con nós á escritora Elí Ríos para falarnos de "Marta e a píntega".
Seguimos compartindo historias que farán de nós persoas capaces de pensar e de elexir por nos mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario