NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 6 de decembro de 2016

SABEDES QUE ...

NON EXISTIRIA O CINE SE NON FOSE POLA IMAXINACIÓN DE ...?





GEORGES MELIÈS

Geroges Meliès, naceu o 8 de decembro de 1861 en Paris (mañá hai 155 anos do seu nacemento). Fillo dun empresario do calzado, desde pequeno mostrou interés polo debuxo. Durante a súa estancia en Inglaterra, e debido a que non sabía falar ingles, pasaba as horas vendo espectáculos de maxia.
Cando volta a Paris, quere ingresar na Escola de Bellas Artes, mais é obrigado pola súa familia a traballar na empresa familiar. O tempo que estivo traballando no negocio, dedicouse á reparación e perfeccionamento tecnolóxico da industria.
Pero o seu destino había ser outro, afortunadamente, e cando se retira o seu pai, rexeita seguir traballando na empresa e utiliza os cartos da herdanza para comprar un teatro, o "Robert Houdin". No que representa diversas obras teatrais.

O 28 de decembro de 1895, Meliès é invitado polos irmáns Lumière á primeira representación do cinematógrafo.

Irmáns Lumière e o seu cinematógrafo.

Meliès queda impresionado e consigue mercar un para o seu teatro. A partir dese momento, na mente de Meliès, empeza a nacer a idea de facer películas. Investiga, traballa, crea os decorados ... e no ano 1902 nace a que se considera a súa obra máis importante "Viaxe á lúa" , a primeira película de ciencia ficción da historia do cine.

( se pinchares nas palabras Lumière e cinematógrafo, teredes máis información)

"Viaxe á lúa", está baseada na novela de Xulio Verne. A secuencia quinta, cando a nave encáixase no ollo da lúa, é unha das imaxes mais representativas do cine de todos os tempos.

CON TODOS VOSTEDES ... "VIAXE Á LÚA" DE GEORGES MELIÈS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario