"Esmeraldina, a pequena difunta" de Ledicia Costas.
O Hotel
Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena
Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A
Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un
andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte
corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel
defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita
aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady
Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e
amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén
Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor
macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler
Escarlatina, a cociñeira defunta.
PASADE POLA BIBLIOTECA A PILLALO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario