NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

venres, 16 de decembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

As videoconsolas non substitúen ao exercicio de verdade





Xogar ao tenis, boxear, esquiar ou mesmo correr. Son algunhas das actividades que os nenos poden realizar sen moverse de casa grazas ás videoconsolas de última xeración. Con todo, os pediatras lembran que estes xoguetes non poden ser o substituto do exercicio físico tradicional, "aínda que nos obriguen a movernos".
"Hai que ter en conta", afirma o doutor Jordi Pou, coordinador do Comité de Seguridade e Prevención de Lesións Infantís da Asociación Española de Pediatría (AEP), "que se pode  xogar a tenis ou a calquera outro xogo sentado, sen facer case exercicio. Aínda que nos obrigue a movernos, nunca se pode tomar como un sustitutivo do deporte".
Este tipo de videoxogos pode xerar, ademais, todo o contrario do que pretende. "En ocasións, a súa intención é fomentar o exercicio físico, pero o que poden causar en realidade son situacións de elevada tensións prexudiciais para o menor". Aínda que o coordinador do comité de seguridade da AEP si recoñece que este tipo diversión "é máis positiva que outros videoxogos tradicionais xa que o contido destes últimos incita á violencia e á agresividade, o que pode levar a situacións de taquicardia e aumento da frecuencia respiratoria".
Os pediatras tamén lembran que "un uso prolongado destes xogos violentos favorece unha menor atención na escola, sedentarismo, obesidade e violencia, e pode mesmo afectar o desenvolvemento da súa personalidade e ás relacións sociais". Por este motivo, o principal consello que ofrecen os expertos é que os pais escollan ben os xogos e, sobre todo, que non permitan que os nenos e mozos pasen máis de dúas horas ao día xogando.


Artigo publicado no xornal “El Mundo”

Ningún comentario:

Publicar un comentario