NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 8 de maio de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe "Mr Wing" non ten palabras, pero podédesllas poñer vós:


As ilustracións son do marabilloso  ilustrador Jimmy Liao. E para que saibades algo máis ...




Naceu en Taipei, Taiwan, en 1958. A infancia de Jimmy Liao non é de conto de fadas. Non foi un bo alumno de Secundaria e na Facultade de Belas artes tiña a impresión de estar moi por baixo dos seus compañeiros. Traballou doce anos no mundo da publicidade, ata que o que facía durante o día ía resultando cada vez menos interesante que a súa actividade nocturna como debuxante, ao final, deixou o seu emprego e emprendeu o camiño da liberdade.
Caeu gravemente enfermo de leucemia. Este período de sufrimento aguzou a súa sensibilidade e a súa empatía. Aos corenta anos, abandonou o seu emprego nunha axencia para dedicarse de maneira total a escribir e debuxar as súas propias historias, dirixidas tanto ao público infantil como ao adulto.
Desde a aparición de Segredos no bosque e O peixe que sorría en 1998, Jimmy publicou álbums ilustrados dunha sorprendente orixinalidade con relatos dunha gran riqueza. Foi o principio dun boom tanto no seu país como no estranxeiro.
As súas historia poucas veces teñen un final feliz. Os seus personaxes non levan unha vida alegre. No caos da cidade enfróntanse a situacións difíciles. As árbores mudas, o océano e o ceo son os amigos máis fieis. Utiliza un vistoso colorido para expresar a cara oculta das cousas, o silencio, a angustia, a soidade e a ausencia.
As obras de Jimmy foron adaptadas a distintos medios artísticos: álbums musicais, series televisivas, obras teatrais, películas, entre elas, O peixe que sorría, que obtivo en 2006 o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de Animación do Festival Internacional de Cinema de Berlín.







Nació en Taipei, Taiwán, en 1958. La infancia de Jimmy Liao no es de cuento de hadas. No fue un buen alumno de Secundaria y en la Facultad de Bellas artes tenía la impresión de estar muy por debajo de sus compañeros. Trabajó doce años en el mundo de la publicidad, hasta lo que hacía durante el día le iba resultando cada vez menos interesante que su actividad nocturna como dibujante, al final, dejó su empleo y emprendió el camino de la libertad. Cayó gravemente enfermo de leucemia. Este período de sufrimiento aguzó su sensibilidad y su empatía. A los cuarenta, abandonó su empleo en una agencia para dedicarse por entero a escribir y dibujar sus propias historias, dirigidas tanto al público infantil como al adulto.
Desde la aparición de Secretos en el bosque y El pez que sonreía en 1998, Jimmy ha publicado álbumes ilustrados de una sorprendente originalidad con relatos de una gran riqueza. Fue el principio de un boom tanto en su país como en el extranjero.
Sus historia pocas veces tienen un final feliz. Sus personajes no llevan una vida alegre. En el caos de la ciudad se enfrentan a situaciones difíciles. Los árboles mudos, el océano y el cielo son los amigos más fieles. Utiliza un vistoso colorido para expresar la cara oculta de las cosas, el silencio, la angustia, la soledad y la ausencia.
Las obras de Jimmy han sido adaptadas a distintos medios artísticos: álbumes musicales, series televisivas, obras teatrales, películas, entre ellas, El pez que sonreía, que obtuvo en 2006 el Premio Especial al Mejor Cortometraje de Animación del Festival Internacional de Cine de Berlín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario