jueves, 14 de abril de 2016

VENRES DE POESÍA

O meu barco é un fermoso poema de Manuel María, que foi musicado polo cantante Suso Vaamonde.
E aquí tedes a versión cantada e a letra do poema.

Animádesvos a cantala!





O MEU BARCO



Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete

sin salir do meu fogar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario