O poema deste venres titúlase "O Cuco" do noso poeta deste ano, Manuel María.
O Cuco
O cuco, cuco cuqueiro
O cuco, cuco cucón:
Madrugón e cantareiro!
Cantareito e madrugón!
Óese pola carballeira
o vello cuco souril
ao nacer en Primaveira
entre o Marzo e o Abríl:
O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañas ben cediño
o cuco canta: "cú - cú ..."
Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tú!
Ningún comentario:
Publicar un comentario