NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 15 de febreiro de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES

Como xa sabedes todas as nosas recomendacións literarias podedes encontralas na Biblioteca do colexio.

Empezamos con un dos nosos autores mais queridos, Roald Dahl.



A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas, e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, e entón George decide ...


Este libro é un clásico da literatura universal, e son moitos os nenos e nenas que  disfrutaron da súa lectura. Convertíndose o seu protagonista nun dos máis queridos personases da literatura norteamericana.
O seu autor e Mark Twain ( que significa dúas brazas, unha medida de profundidade dos ríos) Realmente este é o seudónimo de Samuel Langhorne.
Naceu en Florida, e aos catro anos trasladouse a Hannibal, porto fluvial do Missisipí. Traballou nunha imprenta e pilotou un barco de vapor, tamén foi mineiro e soldado.
No ano 1862 empezou a traballar como xornalista e a firmar co seu seudónimo.

Esta historia, que seguro que vos vai gustar moito, narra as aventuras dun chico, Tom Sawyer, e do seu amigo Huckleberry Finn, a orillas do río Missisipí.

Pasade pola biblioteca e levade este libro, non vos vai a decepcionar.




Que dicir dos Bolechas, se xa o sabedes todo. Mais estes libros dos famosos personases acaban de chegar a nos biblioteca. 

Temos varios como este, pasádevos a coller un.

Ningún comentario:

Publicar un comentario