martes, 23 de febreiro de 2016

SABEDES QUE ...

EN GALICIA TEMOS UN PARAISO CHAMADO "ILLAS CIES"?

O arquipélago das illas Cíes está formado por tres illas principais: a illa do Norte ou de Monte Agudo, a illa do Monte Faro, ou Centro e a illa Sur ou San Martiño, e outros pequenos illotes. A superficie total do parque natural protexido é de máis de 3000 ha das que máis de 400 corresponden á área emerxida.
As illas Centro e Norte (do Faro e Monte Agudo) están unidas entre si por unha lingua de area e unha lagoa natural chamada "Lago dos nenos". Estas dúas illas son as únicas que están comunicadas con Vigo mediante un servizo de liña regular de barcos de pasaxe que funciona de xuño a setembro e en Semana Santa.








Este arquipélago, que se atopa situado na boca da Ría de Vigo a 15 quilómetros da cidade, foi declarado Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas Atlánticas de Galicia no ano 2002.



As Cíes gañáronse o apelativo de "illas dos deuses" desde a antigüidade. E non debería estrañar que cativasen a todos aqueles que as visitaban. Un clima cálido e unha escasa precipitación anual (aproximadamente a metade que en Vigo cidade) convértenas nun paraíso da vertente atlántica.






As illas non están habitadas polo que conservan a súa beleza natural. Pódese facer sendeirismo polas rutas sinaladas polos seus bosques e montes con visitas a observatorios ornitolóxicos, faros marítimos, restos arqueolóxicos, miradoiros de beleza indescritible e nove praias de finísima e branca area con augas cristalinas, unha delas reservada para o nudismo, e outras tantas calas perdidas.
Ademáis nestas illas, podemos contemplar as postas de sol máis fermosas.











El archipiélago de las islas Cíes está formado por tres islas principales: la isla del Norte o de Monte Agudo, la isla del Monte Faro, o Centro y la isla Sur o San Martiño, y otros pequeños islotes. La superficie total del parque natural protegido es de más de 3000 ha de las que más de 400 corresponden al área emergida.

Las islas Centro y Norte (del Faro y Monte Agudo) están unidas entre sí por una lengua de arena y una laguna natural llamada lago de los niños. Estas dos islas son las únicas que están comunicadas con Vigo mediante un servicio de línea regular de barcos de pasaje que funciona de junio a septiembre y en Semana Santa.

Este archipiélago, que se encuentra situado en la boca de la Ría de Vigo a 15 kilómetros de la ciudad, ha sido declarado Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las islas Atlánticas de Galicia en el año 2002.

Las Cíes se ganaron el apelativo de "islas de los dioses" desde la antigüedad. Y no debería extrañar que cautivasen a todos aquellos que las visitaban. Un clima cálido y una escasa precipitación anual (aproximadamente la mitad que en Vigo ciudad) las convierten en un paraíso de la vertiente atlántica.

Las islas no están habitadas por lo que conservan su belleza natural. Puede hacer senderismo por las rutas señaladas por sus bosques y montes con visitas a observatorios ornitológicos, faros marítimos, restos arqueológicos, miradores de belleza indescriptible y nueve playas de finísima y blanca arena con aguas cristalinas, una de ellas reservada para el nudismo, y otras tantas calas perdidas.


Además, en estas islas podemos contemplar las puestas de sol más bellas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario