NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 14 de xaneiro de 2016

VENRES DE POESÍA

Este ano 2016, as Letras Galegas están dedicadas ao poeta Manuel María. Por mor deste acontecimento estreamos o ano nesta sección cunha visita virtual pola Casa Museo deste importante escritor e poeta galego, que pouco a pouco iremos coñecendo.

O vindeiro venres encontraredes información sobre a súa vida, e nos seguintes iremos coñecendo e disfrutando a súa obra que, entre outras cousas serviranos para coñecer mellor a nosa língua e a nosa terra.

Galiza somos nós, a xente máis a fala, se buscas Galiza, en ti tes que atopala.


Manuel María.



Ningún comentario:

Publicar un comentario