NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 28 de xaneiro de 2016

UN VENRES DE POESÍA ESPECIAL.

Hoxe é o día dedicado á poesía no noso blog, e tamén celebramos o" Día da Paz e a non violencia". Se  hai unha canción que simboliza este día, esa é "Imagine" de John Lennon. Mais, imos a escoitar unha versión diferente, a do movemento "Playing for Change".

"Playing for Change" é un proxecto musical multimedia e tamén unha fundación, ambos creados por iniciativa de Mark Johnson co obxectivo de reunir, gravar e filmar músicos de diferentes culturas.

Aquí tedes esta fermosa mistura de mundos a traves da linguaxe universal que é a música, e con unha canción que é poesía.

Desde este blog, do noso colexio, no que temos a gran sorte de ser un lugar onde convivimos en paz e disfrutamos e aprendemos de todas as culturas que nos unen, vos desexamos que todos os días sexan días de Paz.

Unha aperta.




1 comentario: