NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 11 de xaneiro de 2016

RECOMENDACIONS LITERARIAS DOS VENRES

Estes son os libros que vos recomendamos esta semana desde a biblioteca:




Autora: Ursula Wölfel
Ilustracións: Neus Bruguera.

Unha familia que non paraba de discutir ata quedar conxelada.
Un levantador de pesas que levita.
Unha enfermidade contaxiosa de nome "pips"

E así ata 29 relatos para rir un bo rato.


Autora: Eva Piquer.

Iris é unha rapaza de 13 anos que ten que facer as predicións metereolóxicas nun telediario escolar.
Como por arte de maxia, as súas predicións sempre se cumpren, ata cando anuncia choiva de ras.
Tamén descubre que o primeiro amor sabe a chocolate.

Interesante, non si!



Autor: Pere Tobaruela
Ilustracións: Andrés Meixide.

Formosa, Forxan, Fornela e Formail, son os catro integrantes dos Formigas. Unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Tes asegurada a diversión con estas Formigas!!!


Autora: Fina Casalderrey
Ilustracións: Oscar Villán.

Un día a terra esqueceuse de xirar, e por iso nunha metade do planeta era de día; e na outra metade era de noite.
Como se poderá solucionar isto?

Este libro da que pensar, non si?

POIS XA SABEDES, TODAS ESTAS HISTORIAS E MOITAS MÁIS ESTAN NA NOSA BIBLIOTECA. E NÓS ENCANTAD@S DE QUE AS LEVES PARA DIVERTIRTE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario