O LUME FOI UN INVENTO MOI IMPORTANTE PARA A HUMANIDADE?
Cando apareceu?
Suponse que o home prehistórico coñeceu o
lume pola erupción dun volcán, un incendio ou a caída dun raio.
Pero non foi ata hai 350.000 anos cando o
home de Atapuerca comezou a utilízalo.
Na súa orixe, o maior problema
residía en coidalo para mantelo aceso ata que coñeceron como acendelo e
alimentalo con combustible.
Na prehistoria utilizábase para cociñar
os alimentos crus; manter afastados a animais perigosos; quentarse; as súas
chamas servían como armas nas loitas e cazarías e o seu fume serviu para
efectuar as primeiras comunicacións.
Posteriormente utilizouse para alumarse
nas horas de escuridade (mediante velas...); en fornos... e un sen fin de
cousas cotiás.
Grazas á súa aparición a civilización
puido chegar onde estamos agora, achegou ao home protección ante o frío,
alumeamento...
Entre os seus inconvintes ambientais, na actualidade, atopámonos con que é utilizado en ocasións de mala maneira por algunhas
persoas, que provocan incendios, e que a combustión que produce emite gases tóxicos.
Así que xa sabedes, se ides de excursión e prendedes un lume tede moito coidado de onde o facedes, e sobre todo, asegurádevos de que o deixades moi ben apagado. Os nosos bosques son unha das cousas mais importantes para a nosa supervivencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario