NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 3 de marzo de 2015

SABEDES QUE ...




O conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" , o escribiu un señor que se chamaWermer Holzwarth, e que o seu ilustrador é Wolf Eribruch. Os dous naceron en Alemaña. 
E vos estaredes preguntando como é que o conto esta escrito en galego. Isto débese a que unha das nosas editoriais mais coñecidas "Kalandraka", tivo a boa idea de traducilo ao galego, e dicir, mercou os dereitos da obra para publicalo na nosa lingua.

Imos a saber algo do autor:



Wermer Holzwarth, que naceu en Alemaña no ano 1947, traballou durante moitos anos en axencias de publicidade. O conto da toupiña é o seu primeiro libro, e tamén o máis coñecido. Este conto tivo tanto éxito que foi traducido a moitísimas línguas.
No ano 1999, adaptou a historia da toupiña para un musical, polo que lle deron un Premio das Escolas de Música Alemanas.
Desde o ano 2012, xa só se dedica a escribir libros infanties.

O ilustrador. Que sería dun conto sen ilustracións!


Tamén naceu en Alemaña no ano 1949. Estudou diseño gráfico, pero a idea de ser ilustrador xurdiu cando naceu o seu fillo , Leonard. Erlbruch, quería que o seu filo pondera dicir :"Mira, o meu papá fixo un libro infantil". Desde entón xa non parou de ilustrar e escribir contos.
As historias que escribe, sempre teñen unha moralexa: "as persoas deberíamos ser capaces de observarnos  desde a distancia, e aceptar o especial e tamén o que non nos gusta de nós mesmos".

HOXE A TOUPIÑA ESTIVO NA NOSA BIBLIOTECA!!!

Os compañeros e compañeras da aula de 6ºB contaron hoxe o conto da toupiña, e por certo, con gran éxito de público.
Aquí os tedes:





Ningún comentario:

Publicar un comentario