NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 1 de marzo de 2015

CONTOS CORTOS


Hoxe a nosa sección de Contos Cortos, é un pouco especial.
Aquí tedes o trailer dun documental que títulase "Camiño á escola". Foi dirixido por un director francés, Plisson,
É unha fermosa historia real do camiño que teñen que percorrer catro nenos todos os días para poder ir á escola.
Jackson, percorre cada día, coa súa irmá Salomé, de seis anos, quince quilómetros por terras enchidas de perigos - bandas armadas que atacan as aldeas, animais salvaxes ... Vai moitas veces co estómago baleiro e con moi pouco auga. Leva sempre o seu uniforme limpo e non perde xamais o sorriso.

Carlitos vive nunha das rexións máis inhóspitas da Patagonia, e dende os seis anos, todos os días monta a cabalo durante máis de 18 quilómetros para ir a estudar (agora faino coa súa irmá pequena) faga o tempo que faga.

O caso de Samuel é impresionante. Bebé prematuro, naceu cunha minusvalidez e non pode camiñar. Dunha familia pobre do Golfo de Bengala, vive nunha choza sen auga nin electricidade. Para chegar á escola, os seus dous irmáns menores empurran varios quilómetros unha cadeira de rodas fabricada con refugallos que foron atopando. Samuel quere ser médico e axudar aos nenos como el.

Os perigos aos que se enfronta Zahira, son diferentes. Os domingos érguese á alba e comenza un percorrido de 22 quilómetros. Atravesa con dúas amigas, as montañas do Atlas e logo fai autostop para chegar ao internado. A maioría non quere levalas, non queren que as mulleres estuden e póñenlles todos os problemas posibles. De feito, ela será a primeira muller da súa familia que vaia á escola.
Son estas, sen dúbida, historias que nos faran pensar.

Este é o trailer do documental, que conta co apoio de UNICEF E UNESCO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario