NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 8 de marzo de 2015

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade, así como polo dereito ao seu desarrollo como persoa, en pé de igualdade co home.
Supoño que isto que acabades de ler, vos pode sorprender. Pero non hai tanto tempo as mulleres non tiñan dereito a voto, a un traballo digno, a ir a universidade, a expresar libremente as súas opinións, ao divorcio, ao aborto ... Todos estes dereitos, foron conseguíndose grazas á loita de moitas mulleres que viviron antes que nós, e que tiveron claro que todos somos persoas iguais e cos mesmos dereitos, sen que ter en conta a diferencia de sexos.
Son todavía moitos os paises, nos que as mulleres, só polo feito de selo, son discriminadas e carecen de libertade para estudiar, ou compartir a vida con quen elas elixan.
A continuación ides ver algúns exemplos de mulleres, que coa súa forza e afouteza iniciaron o camiño cara a igualdade.


MARÍA JOSEFA WONENBURGER

MATEMÁTICA

Naceu en Montrove, no concello de Oleiros, un 19 de xullo de 1927. Edúcase nunha familia onde os deportes, os estudos e os idiomas son signos de progreso e de boa educación, algo que non era o mais común nesa época.
Rematou os estudos de bacherelato no Instituto Eusebio da Guarda, e como lle gustan moito os números e as matemáticas, decide estudar a Licenciatura de Matemáticas.

Rematou a carreira e consegue unha beca que convoca o Instituto de Educación Internacional dos EEUU, por primeira vez en España.
Así, esta muller de ollada doce, convértese, grazas a súa dedicación e valentía, nunha auténtica pioneira e espello para moitas outras mulleres, e nunha das nosas matemáticas mais importantes e internacionais.

Estas son algunhas das frases mais famosas ditas por María Josefa Wonenburger :
“Con esforzo conséguese aquilo que se quere”
 “A miña maior gloria son os meus alumnos”
 “Tendo a ser feliz” 




ANGELES ALVARIÑO

 OCEONÓGRAFA

A doutora Ángeles Alvariño naceu en 1916 en Serantes, Ferrol. A maior parte da súa vida, pasouna nos Estados Unidos, onde estaba considerada como unha das máis prestixiosas científicas do mundo.


Aos tres anos xa lía e aprendía solfeo e piano. Foi unha nena intelixente e curiosa, que habitualmente exploraba a biblioteca do seu pai e gozaba especialmente cos seus libros de historia natural

En 1933 consegue o título de Bacharelato pola Universidade de Santiago con sobresaínte e matrícula de honra. Logo enfilaría os seus estudos pola carreira de Ciencias Naturais. As súas primeiras investigacións levounas a cabo no Instituto Español de Oceanografía de Vigo, especializándose no estudo do zooplancto.
O seu impresionante currículo académico e a súa dedicación ao traballo fixérona merecedora dun espazo na web Women Tech World, poñéndoa como exemplo de muller de éxito na ciencia e a tecnoloxía.
Foi a primeira muller que traballou nun buque. Hoxe un dos buques do Instituto Español de Oceanografía, leva o seu nome. 


ÁNGELA RUIZ ROBLES

MESTRA E INVENTORA

Ángela Ruiz Robles, nace en León no ano 1895, obtén unha praza de mestra en Santa Uxía de Mandía, en Ferrol (A Coruña), onde estaría dez anos. Aquí daba clases desinteresadamente e os veciños, en agradecemento, solicitaron ás autoridades un recoñecemento oficial polo seu labor docente.

A Enciclopedia Mecánica:este invento naceu, segundo palabras da súa autora, para aliviar a aprendizaxe e facer posible este co mínimo esforzó físico e intelectual.
Ideou o primeiro precedente do e-book con tres obxectivos: alixeirar o peso das mochilas dos alumnos, facer máis atractiva a aprendizaxe e adaptar o ensino ao nivel de cada estudante.
Consistía en aparencia nun libro normal ideado en dúas partes:
-a primeira, destinada aos coñecementos básicos como a lectura, escritura, numeración e cálculo, coñecementos todos eles nos que o alumno podía exercitarse premendo letras e números para formar sílabas, palabras e realizar o cálculo.
-a segunda encontrábase distribuída por materias que discorrían a través do texto e as ilustracións contidos en carretes e bobinas e aos que podería incorporarse son coas explicacións correspondentes a cada tema, mesmo en diferentes linguas que o alumno podería contemplar a través de cristal de aumento e ata ler na escuridade posto que o dispositivo tamén incorporaba luz.



MARCELA E ELISA
MESTRAS
O PRIMEIRO MATRIMONIO HOMOSEXUAL.

Era o ano 1901, e Marcela e Elisa, as dúas mestras, estaban namoradas. Levaron o seu amor en secreto, ata que decidiron casarse pola igrexa. Para engañar ao sacerdote, Elisa se fixo pasar por Mario, e levou ao altar a súa amada, filla dun capitán do exército.
Todo isto, aconteceu na Coruña, o 8 de xuño de 1901. Ao ser descubertas, tiveron que fuxir de España. Mais, xa pasaron á historia como o primeiro matrimonio homosexual.
A súa afouteza iniciou o camiño cara a loita por conseguir a igualdade e o respecto das persoas homosexuais.


CONCEPCIÓN ARENAL
UNHA LOITADORA DOS DEREITOS DAS PERSOAS

Naceu en Ferrol no ano 1820. Concepción estudou nun colexio para señoritas, mais cando xa remata os estudos, e en contra da voluntade da súa nai, entra como ointe na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid. Vistindo roupas de home, xa que nesa época a educación universitaria estaba prohibida ás mulleres.
Tamén vestida de home, Concepción Arenal participou en tertulias políticas e literarias, loitando así contra as normas establecidas para as mulleres nesa época.
Foi a primeira muller que recibiu o título de "Visitadora de Cárceres de Mulleres".
Fundou a Constructora Benéfica, unha sociedade dedicada á construcción de casas para obreiros.
E deixounos unha frase que xa forma parte da historia: "Abride escolas e se pecharan cárceres"


E como a lista sería moi longa, aquí tedes un video con fotografía de moitas destas mulleres, e cunha canción da cantante galega SES " Non son fada nin princesa"





1 comentario: