Hoxe, por ser venres, deixamos varias recomendacións de booktubers, mais como foron tantas as que recibimos na biblioteca, a vindeira semana, continuará!
Os booktubers de 5ºB, Reinier, Babacar e Kevin, recomendan dous libros dunha colección de misterio e investigación.
Moitas grazas aos tres!!!
As booktubers, Dánica, Nora e Gaia, de 5ºB, recomendan o libro, Sopaboba. A historia dun mestre un pouco gafe e un alumno agobiado polas tarefas escolares, que acaban atopando a solución aos seus problemas grazas a...
Moitas grazas ás tres!!!
O booktuber, Eros, de 2ºC, recomenda un libro moi querido para todas nós e que tivemos a oportunidade de gozar da presenza da súa autora na biblioteca. E, se queredes caer de cu polo universo, xa sabedes, na biblioteca tedes o libro.
Moitas grazas, Eros!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario