O mércores 23 de abril é o Día do Libro, aínda que para nós, que gozamos da lectura, o celebramos todos os días lendo historias que nos gustan.
Hai moitas cousas que podemos compartir, un bocadillo, unha bolsa de golosinas... mais tamén podemos compartir as lecturas das que gozamos, recomendando libros as nosas compañeiras e compañeiras.
A Comunidade de Booktubers, púxose man á obra, e gravaron todas estas recomendacións. Esperamos que as gocedes durante toda a semana!
O primeiro vídeo é, Pioneiras, da escritora Anaír Rodríguez, con ilustraciones de Nuria Díaz. Neste libro, podedes ler a historia de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero.
As nosas compañeiras de 3º, elixiron á que é considerada a primeira escritora da Península Ibérica, Exeria. Moi boa escolla! Moitas grazas, booktubers de 3º!
Moitas grazas a todas e todos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario