xoves, 29 de maio de 2025
mércores, 28 de maio de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
SEGUIMOS COAS RECOMENDACIÓNS!!!
Moitas grazas, Gisela!!!
Moitas grazas, Alan!!!
Moitas grazas, Helena e Ainhoa!!!!
E con Ivanna, pechamos por este curso a Comunidade de Booktubers, pero volvemos o vindeiro curso!!!
martes, 27 de maio de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Non hai mellor xeito de rematar co Rakonto por este curso, que coas recomendacións dos nosos e as nosas booktubers.
Moitas grazas pola vosa participación, polas lecturas que recomendastes e por facer deste blog un espazo no que compartir historias diversas.
Hoxe e o venres, poderedes ver todos os que quedaron pendentes da semana do libro.
Encontrámonos nos libros o vindeiro curso!!!
Moitas grazas, Rahma!!!
Moitas grazas, Lauren e Cleia!!!
domingo, 25 de maio de 2025
CURTAS ANIMADAS
Como esta é a derradeira semana do Rakonto, queremos deixarvos unha curta animada que é moi fermosa. "La casa de pequeños cubos", na que despois dunha inundación, o personaxe vai, a través dos obxectos, percorrendo a súa vida e aquelas lembranzas máis entrañables para el.
Neste sociedade actual, na que nos desfacemos rápido de todo, esta curta animada, provoca unha reflexión sobre a importancia de gardar obxectos que no futuro poderán sacarnos algunha bágoa, mais tamén moitos sorrisos.
No 2009 recibiu, merecidamente, o Oscar a mellor curtametraxe.
xoves, 22 de maio de 2025
martes, 20 de maio de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
domingo, 18 de maio de 2025
CURTAS ANIMADAS
Cando queremos crear, ben sexa un debuxo, unha historia, unha escultura... non debemos de esquecer aquelo que nos motiva a facelo, pois podemos acabar devorados pola nosa propia creación.
Burnout
xoves, 15 de maio de 2025
martes, 13 de maio de 2025
domingo, 11 de maio de 2025
CURTAS DE ANIMACIÓN
Pois xa sabedes, cando vaiades sacar o carnet de conducir, non esquezades poner o freno de man cando aparcades o coche. Je je!!!
xoves, 8 de maio de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
A booktuber, Yanela de 1ºB, fai unha recomendacion moi interesante, sobre a amizade, o talento e a vontade de acadar os teus soños.
Moitas grazas, Yanela!!!
martes, 6 de maio de 2025
A ESCRITORA IRIA MISA, ESTIVO NA NOSA BIBLIOTECA
Encantounos ler o libro de Iria Misa, A cidade do átomo, e encantounos moito máis tela con nós na biblioteca. Saber en que momento decidiu escribir este libro, saber cal é a súa flor favorita e o lugar no que máis lle gusta ler.
E así, rematamos o mes de abril!
Moitas grazas, Iria!!!!
domingo, 4 de maio de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS.
Seguimos coas recomendacións lectoras, hoxe ven da man de Juan de 3º A. O libro é moi interesante!
Escoitádeo!!!!
Moitas grazas, Juan!
martes, 29 de abril de 2025
luns, 28 de abril de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Como os libros e ler é das nosas actividades favoritas e, a nosa Comunidade de Booktubers é tan numerosa, seguimos recomendando lecturas.
Treasure, de 3ºA, recomenda...
domingo, 27 de abril de 2025
CON NÓS, A ESCRITORA, MARÍA CANOSA
Na Semana do Libro, da nosa biblioteca, tivemos con nós á escritora María Canosa. Ela, como o nome do noso proxecto, xa forma parte do noso universo, sendo unha autora moi querida por todas nós.
Gozamos coa lectura do seu libro, A cazadora de estrelas, e con a súa protagonista, Megumi, que coas seas frechas é que de trazar no creo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas.
Aqui vos deixamos un vídeo da súa visita.
Moitas grazas, María!!!
xoves, 24 de abril de 2025
SEMANA DO LIBRO. A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
Hoxe, por ser venres, deixamos varias recomendacións de booktubers, mais como foron tantas as que recibimos na biblioteca, a vindeira semana, continuará!
Os booktubers de 5ºB, Reinier, Babacar e Kevin, recomendan dous libros dunha colección de misterio e investigación.
Moitas grazas aos tres!!!
O booktuber, Eros, de 2ºC, recomenda un libro moi querido para todas nós e que tivemos a oportunidade de gozar da presenza da súa autora na biblioteca. E, se queredes caer de cu polo universo, xa sabedes, na biblioteca tedes o libro.
Moitas grazas, Eros!!!
mércores, 23 de abril de 2025
SEMANA DO LIBRO. A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
Seguimos con moi boas recomendacións lectoras. Sofía de 3ºB, recomenda unha lectura moi divertida, na que o protagonista é un zorro que... e aqui o deixamos, se queredes saber máis, na biblioteca temos un para vós.
Moitas grazas, Sofía!!!
martes, 22 de abril de 2025
SEMANA DO LIBRO. A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
Moitas grazas, compañeiras!!!
luns, 21 de abril de 2025
SEMANA DO LIBRO. A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
O mércores 23 de abril é o Día do Libro, aínda que para nós, que gozamos da lectura, o celebramos todos os días lendo historias que nos gustan.
Hai moitas cousas que podemos compartir, un bocadillo, unha bolsa de golosinas... mais tamén podemos compartir as lecturas das que gozamos, recomendando libros as nosas compañeiras e compañeiras.
A Comunidade de Booktubers, púxose man á obra, e gravaron todas estas recomendacións. Esperamos que as gocedes durante toda a semana!
O primeiro vídeo é, Pioneiras, da escritora Anaír Rodríguez, con ilustraciones de Nuria Díaz. Neste libro, podedes ler a historia de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero.
As nosas compañeiras de 3º, elixiron á que é considerada a primeira escritora da Península Ibérica, Exeria. Moi boa escolla! Moitas grazas, booktubers de 3º!
Moitas grazas a todas e todos!!!
xoves, 10 de abril de 2025
A NOSA BIBLIOTECA É TODO UN UNIVERSO.
Como podedes comprobar, o universo da nosa biblioteca é moi fermoso e diverso!
Felices vacaciones!!!
martes, 8 de abril de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. HISTORIA DAS CONSTELACIÓNS
Aqui vos deixamos un vídeo moi interesante sobre a historia das constelacións. Comprobaredes a súa relación co voso signo do zodíaco, e coa historia das civilizacións máis antigas.
domingo, 6 de abril de 2025
xoves, 3 de abril de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. WORK IN PRORESS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Que marabilloso traballo están a facer as compañeiras e compañeiros de Educación Infantil!!!
martes, 1 de abril de 2025
MEU IRMÁN LUCA
luns, 31 de marzo de 2025
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS. SEMANA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.
Hoxe, Heidi de 3ºC, fai unha recomendación moi interesante. Un libro de Banda Diseñada no que podemos coñecer que é o que provoca un fenómeno tan marabilloso como o Mar de Ardora e como estes seres diminutos poden axudar a salvar o planeta terra.
domingo, 30 de marzo de 2025
CURTA ANIMADA. 2 DE ABRIL. DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Mañá martes, celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil, e si, é para celebralo. Desde que aprendemos a ler, ese momento máxico no que as letras, que elas soas semellan non ter sentido, pero que xuntas forman palabras e logo historias, acompáñanos durante toda a nosa vida.
Sempre se di que ler é viaxar a outros lugares, vivir historias, que quizais, nunca poderemos vivir senón fose polos libros, e é certo. Cantas de vós tivestes que resolver un misterio e para iso entrar nunha cova chea de morcegos, ou viaxar nunha nave espacial, coñecer a Drácula, unha illa na que hai un tesouro, ter unha forza extraordinaria e un cabalo con lunares chamado "Pequeno Tío", e un mono tití chamado "Señor Nilsson". Pois, todo isto podemos telo a través dos libros.
Un xeito fermoso de celebrar este día, é acudindo á biblioteca e escollendo un libro, logo, se vos presta, podemos grabar a vosa recomendación para a sección de Booktubers.
E, como cada ano, a nosa curta animada favorita para celebrar os libros:
venres, 28 de marzo de 2025
TEMOS UN NOVO CLUB LECTOR.
Un grupo de alumnas da aula de 3ºB decidiron que querían formar un Club Lector. Viñeron á biblioteca, fixeron a súa proposta e escolleron un libro. Para nós foi unha alegría que tivesen esta iniciativa, porque na biblioteca estamos felices cando aumenta o número de lectores e lectoras.
Foi un pracer ter xa a primeira reunión e falar con elas da historia que acababan de ler.
Moitas grazas a: Sofía, Elif, Gisela, Lucía e Alexandra!
mércores, 26 de marzo de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO.
Queredes recoñecer cinco constelacións a simple vista? Pero antes imos ter claro cal é o hemisferio norte e cal é o hemisferio sur!
E agora imos recoñecer cinco constelacións!
sábado, 22 de marzo de 2025
CURTAS ANIMADAS. 22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA
Este sábado 22 de marzo, foi o Día Mundial da Auga. É moi importante que non a desperdiciemos, xa que sen este recurso a vida no noso planeta desaparecería. Podemos facer pequenas cousas que lograrán que xuntos, a auga sexa un ben do que gozar todas as persoas.
venres, 21 de marzo de 2025
LÚA VERMELLA.
O venres 24 tivemos a oportunidade de ver un eclipse total da lúa. Mirade que fermosa!
Sabedes o que é un eclipse total? Procurade información sobre este fenómeno tan alucinante!
mércores, 19 de marzo de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. POR QUE BRILLAN AS ESTRELAS?
Queredes saber por que brillan as estrelas? Pois só tedes que escoitar este vídeo!
sábado, 15 de marzo de 2025
CURTA ANIMADA
Hoxe vos deixamos unha curta de animación, Planet Unknown, ambientada ao final do século XXI, e inspirada en películas como Interestellar ou Wally, na que a humanidade enfróntase ao agotamento dos seus recursos. Distintos Rovers son enviados para atopar posibles planetas habitables.
Sen dúbida, é unha curta animada para que reflexionemos sobre o coidado do noso planeta!
xoves, 16 de xaneiro de 2025
SOMOS TODO UN UNIVERSO. AS ESTRELAS
Neste segundo trimestre, e dentro do noso proxecto, Somos todo un universo, imos coñecer as estrelas e tamén as constelacións.