O venres tivemos a honra de participar, xunto co IES Agra do Orzán e o CEIP San Pedro de Visma, na celebración dos 50 anos do libro Os soños na gaiola, do escritor galego Manuel María.
Este acto foi organizado pola Fundación Manuel María e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
As alumnas e alumnos de 4ºA recitaron tres dos poemas do seu libro, A lúa, O sol e As estrelas. Pero ademais, dous dos compañeiros, perfectamente caracterizados, déronlle voz ao propio autor.
Ao final, puxeron o nome de Manuel María a unha estrela. E non podemos esquecer a fermosa gaiola que fixeron.
Moitos parabéns polo voso traballo!!!
Sodes fantásticxs!!!
E ALGUNHA FOTOGRAFÍAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario